Kuvempu

poeta indio

Kuppali Venkatappa Puttappa, nado en Hirekodige o 29 de decembro de 1904 e finado en Mysore o 11 de novembro[1] de 1994, máis coñecido polo seu sobrenome literario Kuvempu (en kanarés: ಕುವೆಂಪು) ou por K. V. Puttappa, foi un escritor, crítico literario e pensador kanarés. Considerado o meirande poeta kanarés do século XX. Foi o primeiro escritor kanarés en recibir o premio Jnanpith.[2]

Infotaula de personaKuvempu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(kn) ಕುವೆಂಪು Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Hirekodige, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Mysore, India Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Mysore (en) Traducir
Maharaja's College, Mysore (en) Traducir
Hardwick High School and College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , catedrático Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioಕುವೆಂಪು Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua kanaresa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosPoornachandra Tejaswi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkuvempu.com Editar o valor em Wikidata

O goberno de Karnataka concedeulle o título honorífico de Rashtrakavi ("poeta nacional") en 1958 e o de Karnataka Ratna ("xema de Karnataka") en 1992. A súa narrativa épica Sri Ramayana Darshanam, unha interpretación moderna da épica hinduísta india Ramayana, está considerado como o rexurdimento do xénero Mahakavya nunmha forma contemporánea. A letra do himno oficial de Karnataka Jaya Bharata Jananiya Tanujate é un dos seus poemas.

Traxectoria

editar
 
A casa de Kuvempu, "Udayaravi", en Mysore

Primeiros anos

editar

Kuvempu naceu no distrito de Chikmagalur na casta vokkaliga, seu pai chamábase Venkatappa Gowda e súa nai Seethamma. De rapaz viviu coa súa familia no distrito de Shivamogga. Ao primeiro recibiu educación na súa casa cun profesor particular e logo foi continuou estudos en Tirthahalli mais en Mysore. En 1929 graduouse en kanarés na Universidade de Mysore. Casou o 30 de abril de 1937 e tivo dous fillos, K P Poornachandra Tejaswi, tamén escritor, e Kokilodaya Chaitra, e dúas fillas, Indukala e Tharini.

Carreira

editar

Logo de se graduar foi lector de kanarés na Universidade de Mysore en 1929 e profesor asociado na Universidade de Bangalore desde 1936. Volveu a Mysore como profesor en 1946. Foi vicechanceler [3] da Universidade de Myrose desde 1956 ata a súa xubilación en 1960.

 
Poema de Kuvempu

Kuvempu comezou a escribir en inglés, publicando tan só unha colección de poesía co título de Beginner's Muse mais logo cambiou para a súa lingua materna, o kanarés, encabezando o movemento para facer desa lingua o medio de ensino baixo o lema "educación na lingua materna". Fundou o instituto de estudos kanareses da Universidade de Mysore co nome de Kannada Adhyayana Samsthe.

Na súa obra foi contra o sistema de castas e o ritual relixioso sen sentido. A súa versión do Ramayana publicada en dous volumes en 1949 e 1957, Sri Ramayana Darshanam, é unha recreación total, dos personaxes e das ideas filosóficas, morais e espirituais da obra orixinal, mantendo a natureza simbólica orixinal. É un dos representantes máis coñecidos da xeración Navodaya, que renovou a poesía kanaresa [4]. Tamén un recoñecido dramaturgo, unha das súas obras máis populares é Raktaakshi, publicada orixinalmente en 1932, é unha recreación cultural do Hamlet de Shakespeare.[5]

Épica

editar
  • Sri Ramayana Darshanam - Volume-1 (1949), Volume-2 (1957)
  • Chitrangada

Poesía

editar
  • Kolalu (1930)
  • Paanchajanya (1936)
  • Navilu (1937)
  • Kindarijogi Mattu Itara Kavanagalu (1938)
  • Kogile Mattu Soviet Russia (1944)
  • Shoodra Tapaswi (1946)
  • Kinkini (1946)
  • Agnihamsa (1946)
  • Prema Kashmira (1946)
  • Chandramanchake Baa Chakori (1954)
  • Ikshugangotri (1957)

Novela

editar
  • Kaanuru Heggadati (1936)
  • Malegalalli madumagalu (1967)

Teatro

editar
  • Birugaali (1930)
  • Maharatri (1931)
  • Smashana Kurushethram Mattu Maharatri (1931)
  • Jalagaara (1931)
  • Raktaakshi (1932)
  • Shoodra Tapaswi (1944)
  • Beralge koral (1947)

Autobiografía

editar
  • Nenapina Doniyali (vol 1-2, 1980)

Relatos

editar
  • Sanyaasi Mattu Itare Kategalu (1937)
  • Nanna Devaru Mattu Itara Kategalu (1940)

Ensaio

editar
  1. Malenaadina Chitragalu (1933)

Crítica literaria

editar
  • Atmashreegagi Nirankushamatigalagi (1944)
  • Kavyavihara (1946)
  • Taponandana (1951)
  • Vibhuthi Pooje (1953)
  • Draupadiya Shrimudi (1960)
  • Vicharakrantige Ahvana (1976)

Biografía

editar
  • Swami Vivekananda(1932)
  • Sri Ramakrishna Paramahamsa (1934)

Relatos e poemas infantís

editar
  • Bommanahalliya kindarijogi(1936)
  • Mari vijnani(1947)
  • Meghapura (1947)
  • Nanna mane (1947)
  • Nanna gopala
  • Amalana kathe
  • Sahasa pavana
  • Modannana Tamma
  • Narigaligeke Kodilla
  • Haluru
  1. "The Gentle Radiance of a Luminous Lamp". Ramakrishna Math. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2006. 
  2. Jnanpith Laureates Arquivado 14 de xullo de 2016 en Wayback Machine. jnanpith.net
  3. Na India equivale a un vicerreitor pero coas atribucións dun reitor
  4. Nicolae Sfetcu (2014) Poetry Kaleidoscope
  5. Basavaraj Naikar (2005) Literary Vision Sarup & Sons, 2005pp. 367-381

Véxase tamén

editar