Kurt Busiek, nado en Boston o 16 de setembro de 1960, é un guionista de banda deseñada, notable polo seu traballo en Marvels, en Astro City que foi creación propia e na cuarta tempada de Avengers.

Infotaula de personaKurt Busiek

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
Lexington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada , guionista de cómics Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webBusiek.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1598146 Twitter: kurtbusiek Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Medrou en varias cidades da área de Boston, entre elas Lexington, onde foi amigo do futuro creador de banda deseñada Scott McCloud.[1] Na súa infancia non foi lector habitual de banda deseñada nin consumidor de debuxos animados, os seus pais non llos permitían ter agás coleccións aprobadas por eles como Astérix ou Tintin [2], de feito non comezou a lelos con regularidade ata os catorce anos, cando se fixo cun exemplar de Daredevil #120 e comezou a se apaixonar, con McCloud comezou a facer bande deseñada no instituto. Durante o último semestre no instituto envioulle material ao editor Dick Giordano en DC Comics, recibindo invitacións para seguirlle enviando material e que conduciu ao seu primeiro traballo profesional, que se publicou en Green Lantern #162 (marzo de 1983).[1]

En 1997, Busiek principiou o seu traballo en Avengers xunto co debuxante George Pérez, e aínda que Pérez deixou a serie en 2000, Busiek continuou como guionista durante dous anos máis, colaborando con Alan Davis, Kieron Dwyer e outros. En 2003 Busiek volveu formar parella con Perez para crear JLA/Avengers.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 B., Sergio. Interview at Comic Book Gazette (Apr. 15, 2006). Consultado o 25 de maio de 2012.
  2. "Entrevista en The Comics Journal 216". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  3. Cowsill, Alan (2010). "2000s". En Dorling Kindersley. DC Comics Year By Year A Visual Chronicle. p. 311. ISBN 978-0-7566-6742-9. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar