Kunlun (en chinés: 昆仑山, tradicional: 崑崙山, Kūnlún Shān; en mongol: Хөндлөн Уулс, Khöndlön Uuls; en uigur: كۇئېنلۇن تاغ تىزمىسى) é unha das máis longas cadeas montañosas de Asia, estendéndose ao longo de máis de 3000 km.

Kunlun
崑崙山
Localización
Continente/sAsia
País/es China
Coordenadas36°N 84°L / 36, -84Coordenadas: 36°N 84°L / 36, -84
Datos
Principais cumesLiushi Shan
Cota7167 msnm
A rexión da cordilleira Kunlun.
Pico na cordilleira Kunlun.

Corre ao longo do bordo occidental da China, cara ao Sur, á beira da cordilleira do Pamir, curvándose logo cara ao leste para formar a fronteira norte do Tíbet. Esténdese ao sur do que se denomina a conca do Tarim, o Taklamakan ou deserto das "casas soterradas na area" e o deserto de Gobi. A cordilleira ten preto de 200 picos de altura superior aos 6000 metros. O tres picos máis altos son o Kongur Tagh (7719 m), o Dingbei (7625 m) e o Mutzagata (7546 m). Estes picos atópanse na cordilleira Arkatag dentro do complexo de cordais.

Cara ao sur, unha rama das montañas Kunlun dá lugar á zona de captación das concas dos dous ríos máis longos da China, o Yangtzé e o río Amarelo.

A cordilleira formouse no lado norte da placa india durante a súa colisión a finais do Triásico, coa placa euroasiática, dando lugar ao peche do océano Paleo-Thetys.

Extensión editar

A definición exacta da cordilleira varía. Unha fonte antiga emprega Kunlun para identificar o cinto de montañas que cruzan o centro da China,[1] é dicir, Kunlun en sentido estreito: Altyn Tagh xunto coas montañas Qilian e Qin. Outra fonte recente[2] considera que o Kunlun forma a maior parte da cara sur da conca do Tarim e logo continúa polo leste e o sur de Altyn Tagh. Sima Qian (Rexistros do Grande Historiador, rolo 123) di que o emperador Wu de Han enviou homes a atopar o nacemento do río Amarelo e deu o nome de Kunlun ás montañas da súa fonte. O nome parece que se orixinou como un lugar semimítico no texto clásico chinés Clásico das Montañas e dos Mares.

Mitoloxía editar

As montañas Kunlun son moi coñecidas na mitoloxía chinesa, e considérase que encerran o paraíso taoísta. O primeiro en visitar este paraíso foi, segundo a lenda, o rei Mu (1001-947 a.C.) da dinastía Zhou. Supostamente descubriu o Palacio de Xade de Huangdi, o mítico emperador amarelo, e atopou a Xiwangmu, a Raíña Nai do Oeste, que tamén ten o seu mítico refuxio nestas montañas.

Na cultura popular editar

As montañas Kunlun (escritas como "Kuen-Lun") descríbense como o lugar no que está o mosteiro de Shangri-La na novela de 1933 Lost Horizon do inglés James Hilton.

As montañas son a localización da cidade ficticia de K'un Lun na banda deseñada de Marvel Comics Iron Fist e na serie de televisión homónima.[3]

No Kunlun ambiéntase unha misión do videoxogo de 2013 Battlefield 4 en que aparece unha prisión chinesa de alta seguridade situada nas montañas. O mapa multixogador Operation Locker tamén inclúe o lugar.[4]

Notas editar

  1. Richard, L. (1908). Comprehensive Geography of the Chinese Empire. OCLC 2281016. 
  2. National Geographic Atlas of China, 2008
  3. Young, Sage (16 de marzo de 2017). "What Is K'un-Lun In 'Iron Fist'? The "Lost City" Has A Mystical History". www.bustle.com. Bustle Digital Group. Consultado o 19 de novembro de 2018. It's located in the Kunlun Mountains in Tibet, which is a real Chinese mountain range. 
  4. Whitehead, Dan (31 de outubro de 2013). "The Maps of Battlefield 4". Eurogamer (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar