Coordenadas: 38°54′N 82°12′L / 38.9, 82.2

O deserto de Taklamakan ou Takla Makan (en chinés: 塔克拉玛干沙漠; pinyin: Tǎkèlāmǎgān Shāmò; Xiao'erjing: تَاكْلامَاقًا شَاموْ; en uigur: تەكلىماكان قۇملۇقى; en dungano: Такәламаган Шамә) é un gran deserto de Asia Central, na Rexión Autónoma uigur de Xinjiang, na República Popular da China. É o segundo deserto de dunas de area máis grande do mundo (tras o do Rub al-Khalí), con dunas que oscilan entre 100 e 300 m de altura.

Imaxe do deserto de Taklamakan dende o espazo.

O nome é probablemente un préstamo ó uigur da palabra árabe tark, que significaría «abandonar, deixar só, deixar atrás», + makan, «lugar». Unha etimoloxía popular afirma erroneamente que Takla Makan significa «entra e nunca sairás», ou tamén «mar da morte».[1][2] Unha explicación alternativa deriva o topónimo da expresión túrca; taqlar makan ou sexa, "lugar de ruínas".[3]

Descrición editar

 
Vista do deserto de Taklamakan.

Abrangue unha área de 270 000 km². Polo seu bordo setentrional e meridional atravésano dous ramais da ruta da seda. Os principais oasis son Kasgar, Yarkand (sobre o río Yarkand) e Jotán (Hetian), no suroeste; Kuqa e Turfán, no norte; e Loulan e Dunhuang, no leste. O río Yurungkash (río xade Branco), chamado así polos depósitos de xade que se atopan nel, atravesa este deserto.

Agás polo leste, está rodeado de altas montañas, polo que dende elas descenden ríos moi impetuosos.

Notas editar

  1. E.M. Pospelov, Geograficheskiye nazvaniya mira (Moscow, 1998), p. 408. Gunnar Jarring,'The Toponym Takla-makan',Turkic Languages vol 1, 1997, pp 227-40.
  2. "Takla Makan Desert at TravelChinaGuide.com". Consultado o 24 de novembro de 2008. But see Christian Tyler, Wild West China, John Murray 2003, p. 17.
  3. Tamm, Eric Enno (2010). The Horse That Leaps Through Clouds. Vancouver/Toronto/Berkeley: Douglas & McIntyre. ISBN 978-1-55365-638-8 (ebook en inglés). Páxina 139