Kubernetes, estilizado como K8s, é un sistema de orquestración de contedores de código aberto que automatiza a implementación, escalado e xestión de aplicacións en contedores.[1] [2] Foi deseñado orixinalmente por Google e agora é mantido pola Cloud Native Computing Foundation.[3] Funciona cunha variedade de ferramentas de conteinerización, incluíndo Docker.

Kubernetes
Desenvolvedor(es)Kubernetes
Repositoriogithub.com/kubernetes/kubernetes
Estado de desenvolvementoAtivo
Plataforma/sMultiplataforma
Sitio webkubernetes.io

Ofrece a posibilidade de implantarse en servizos de nube ofrecidos por múltiples provedores, moitos dos cales teñen a súa propia versión distribuída de Kubernetes.

Historia editar

 
Charla "Google Container Engine" no Google Cloud Summit.

O nome Kubernetes deriva de κυβερνήτης que en grego significa "timoneiro". Foi fundado por Joe Beda, Brendan Burns e Craig McLuckie e posteriormente outros enxeñeiros de Google.[4]

Foi anunciado en 2014 e inspirouse no sistema de Google Borg. O nome en clave de Kubernetes dentro de Google era Project Seven, por uns personaxes borg de Star Trek. Os sete raios da roda no logo de Kubernetes son unha referencia ao nome.[5]

A primeira versión oficial, Kubernetes v1.0, foi lanzada en 2015. Xunto co seu lanzamento, Google asociouse coa Linux Foundation para crear a Cloud Native Computing Foundation e proporcionou Kubernetes como a súa tecnoloxía principal.

Conceptos principais editar

  • Pods: Son grupos de contedores que comparten unha rede local. É a unidade básica de traballo en Kubernetes.
  • Nodes: Son os servidores, físicos ou virtuais, onde se executan os pods.
  • Services: Representan un conxunto de pods que ofrecen unha funcionalidade. Posúen un enderezo IP e Kubernetes encárgase do balanceo de carga entre os pods.
  • Volumes: Son unidades de almacenamento, podendo ser efémeras ou persistentes, accesibles por todos os contedores dun pod.
  • ConfigMaps e Secrets: Almacenan información, sendo os 'secrets' específicos para datos sensibles.
  • Helm charts: Son paquetes para Kubernetes, xestionados polo software Helm.[6] [7] [8]

Notas editar

  1. "Kubernetes". github.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2017-04-21. Consultado o 2017-03-28. 
  2. "O que é Kubernetes e como funciona?". RedHat (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  3. "What is Kubernetes?". kubernetes.io (en inglés). Consultado o 2017-03-31. 
  4. "Google Open Sources Its Secret Weapon in Cloud Computing". 
  5. Kerner, Sean Michael (2016-11-19). "Startup Heptio to Work on Making Kubernetes Friendly". eWEEK (en inglés). Consultado o 2023-12-04. 
  6. "Release v1.0: Merge pull request #277 from jackgr/master · helm/helm" (en inglés). Consultado o 2021-05-16. 
  7. "Helm" (en inglés). Consultado o 2021-05-16. 
  8. Pandya, Spruha (2020-08-26). "Why do DevOps engineers love Helm?". Consultado o 2022-11-25. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.