Balanceo de carga


O balanceo de carga é a técnica de distribuír o peso do cómputo entre varios dispositivos. O obxectivo é optimizar o uso dos recursos, maximizar o desempeño, minimizar os tempos de resposta e evitar a sobrecarga. Un sistema de balanceo de carga non implica necesariamente unha tolerancia a erros. O elemento que falle perderá os seus procesos e deberán crearse de novo no resto de servidores que soporten o balanceo.

Todo o hardware ten o seu límite, e moitas veces o mesmo servizo ten que se repartir por varias máquinas, co fin de evitar unha saturación. Entre os elementos dunha rede máis susceptibles de ser balanceados atópanse servidores, servizos web, liñas de comunicacións, routers, switches e devasas.

Balanceo de carga entre servidores editar

Grupo de servidores físicos, no que cada nodo ten o seu propio enderezo IP. O servizo que se desexa balancear ten asignada un enderezo IP virtual. Un dos servidores do balanceo actúa como Master e encárgase de atender as peticións á IP virtual e seleccionar o servidor menos cargado para atender a petición. As formas de selección do servidor menos cargado inclúen carga de CPU, número de conexións que atende, selección alternativa etc.

Para garantir que o usuario verá os seus datos independentemente do servidor que lle atenda, existen mecanismos de afinidade que asignan o mesmo servidor ao mesmo usuario entre diferentes conexións.

Balanceo de carga entre devasas editar

Utilízanse para dar continuidade ao servizo de acceso a Internet da compañía. A táboa de conexións é compartida entre tódalas devasas que atenden exclusivamente ás conexións.

Balanceo de carga entre liñas de comunicacións editar

Esta técnica consiste en agrupar varias liñas de comunicacións, coma por exemplo ADSL, para conseguir unha única liña de maior capacidade. Tódalas liñas poden utilizarse ao mesmo tempo (Shortest Path Bridging), a carga é compartida e as conexións dende o exterior son balanceadas polo dispositivo de balanceo de carga. O balanceo tamén pode consistir nun reencamiñamento do tráfico por camiños alternativos co fin de desconxestionar o acceso aos servidores.

Balanceo de almacenamento editar

O balanceo de soporte de almacenamento permite distribuír o acceso a sistemas de arquivos por varios discos, conseguindo así melloras nos tempos de acceso. As soluciones poden ser adicadas ou existir en cada un dos servidores do cluster de servidores. Típicas solucións poden ser varios dispositivos locais configurados RAID e/ou dispositivos accesibles dentro da rede SAN. Tamén pódese ofrecer como un servizo na nube, que non precisa de hardware adicional, posto que o servizo préstase de xeito remoto. Todas as peticións de acceso son encamiñados a través de Internet a datacenter. O provedor do servizo adoita a cobrar por este en concepto de peticións simultáneas e por cantidade de datos transferidos.