Koumanthio Zeinab Diallo

escritora guineana

Koumanthio Zeinab Diallo, nada en Labé en 1956[1], é unha escritora guineana en lingua francesa e lingua fula.[2][3][4],[5]

Modelo:BiografíaKoumanthio Zeinab Diallo

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Guinea Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, dramaturga, novelista, escritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFouta Djallon Museum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse como enxeñeira agrónoma na Universidade Gamal Abdel Nasser de Conakry[3],[6]. Traballou como dinamizadora rural e consultora para o programa de desenvolvemento das Nacións Unidas, así como para organizacións non gobernamentais e organismos internacionais. Tamén traballou como socióloga en contextos rurais, investigando sobre os problemas de saúde, a violencia contra a muller e a mutilación xenital feminina[3][7][8].

Foi a primeira muller en publicar un libro de poesía en Guinea. A súa obra tamén inclúe relatos, novelas, literatura infantil e xuvenil e teatro[3][9]. É membro fundadora da sección guineana do PEN Club[7]. En 2002 fundou canda a Bonata Dieng o Museo Fouta Djallon en Labé.[10]

  • Moi, femme (1994)
  • Pellun Gondhi (1996)
  • Les épines de l'amour (1997)
  • Pour les oiseaux du ciel et de la terre (1997)
  • Comme les pétales du crépuscule (1998)
  • Comme une colombe en furie, poésie pour enfants (1999)
  • La morte de la guerre (2000)
  • Daado l'orpheline et autres contes du Fouta Djallon de Guinée (2004)
  • Le Fils du roi Guémé et autres contes du Fouta Djallon de Guinée (2004; prólgo de Bernard Salvaing)
  • Les rires du silence (2005)
  • Les humiliées (2005)
  • Ngôtté-le-génie de la chasse - conte du Fouta Djallon en Guinée (2007)
  • Les fous du septième ciel: Au-dela de l’excision (2014)
  1. McNee, Lisa (2003). "Diallo, Koumanthio Zeinab". En Simon Gikandi. Encyclopedia of African Literature. Routledge. p. 196. ISBN 978-1-134-58223-5. 
  2. "Diallo K Zeinab". aflit.arts.uwa.edu.au. Consultado o 20 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Diallo, Alpa Ibrahima (2013). "Diallo, Koumanthio Zeïnab (ou Kumantyo Dyenabu Dyallo) [Labé 1956]". En Béatrice Didier, Antoinette Fouque e Mireille Calle-Gruber (dir.). Le dictionnaire universel des créatrices (en francés). Éditions des femmes. pp. 1241–1242. 
  4. Idalco, Omar Ndiaye (2005). "Contes peuls de Guinée". Études littéraires africaines (en francés). pp. 27–28. 
  5. McNee, Lisa (2003). "Diallo, Koumanthio Zeïnab". En Robert Schirmer e Simon Gikandi. Encyclopedia of African Literature (en inglés). Routledge. p. 196. 
  6. "Koumanthio Zeinab Diallo Kazédi". AllAfrica.com (en francés). 
  7. 7,0 7,1 "Koumanthio Zeinab Diallo". Universidade de Australia Occidental (en francés). 
  8. Camara, Mohamed Saliou; O'Toole, Thomas; Baker, Janice E. (2013). "Diallo, Koumanthio Zeinab (1956)". Historical Dictionary of Guinea (en inglés). Scarecrow Press. p. 115. 
  9. Muriel Devey Malu Malu (2009). La Guinée (en francés). Karthala Éditions. p. 287. 
  10. Camara, Mohamed Saliou; O'Toole, Thomas; Baker, Janice E. (2013). Historical Dictionary of Guinea. Scarecrow Press. pp. 221–2. ISBN 978-0-8108-7969-0.