Kosmos 2

Satélite artificial soviético.
Véxase tamén: Kosmos 2I.

Kosmos 2 (Космос 2 en ruso), tamén denominado 1MS N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 12 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de abril de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Kosmos 2
TipoObservación terrestre / demostrador tecnolóxico.
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento6 de abril de 1962[1][2][3]
Foguete portadorKosmos[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento23 de agosto de 1963
NSSDC ID1962-009A
Masa285 kg[2][5]

Características editar

Kosmos 2 foi o primeiro satélite da serie 1MS (de dous que voaron)[6] e o segundo do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1545 km de apoxeo e 211,6 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.[3][7]

O satélite pesaba 285 kg[2][5] e segundo a propia Unión Soviética, levaba a bordo a mesma instrumentación que Kosmos 1. Foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra[2][5] e levar a cabo estudos sobre radiotransmisión, sobre os cintos de radiación, o campo magnético terrestre, a formación e distribución da cuberta nubosa e probar novas tecnoloxías no espazo.[7] Reentrou na atmosfera o 23 de agosto de 1963.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 2 (SPUTNIK 12)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 21 April 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-09254T): 2. 24 de abril de 1962. A/AC.105/INF.004. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "1MS" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "1MS" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  6. Claude Lafleur (2011). "Kosmos 2" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 48. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012.