Okean O1

(Redirección desde «Kosmos 1869»)

Okean O1 foi unha serie de oito satélites artificiais soviéticos lanzados entre 1986 e 1995.[1][2]

Características editar

Os satélites Okean O1, precedidos polos satélites experimentais Okean E e Okean OE, foron satélites lanzados para monitorizar a superficie oceánica. Cada un dos satélites podía obter datos das augas de todo ártico soviético en entre 3 e 5 días. Usaban o bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, dúas cámaras multiespectrais para o estudo da superficie mariña e a cuberta nubosa e un radar en banda X cunha resolución máxima de 0,7 km.[1][2]

Os dous primeiros satélites da serie foron lanzados baixo a denominación Kosmos 1766 e Kosmos 1869, mentres que o resto foi lanzado xa coa denominación Okean. O oitavo e último satélite da serie foi renomeado Sich 1 e foi operado como un proxecto conxunto entre Rusia e Ucraína. Tódolos satélites Okean O1 foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Kosmos 1766 28 de xullo de 1986 Tsiklon-3 Éxito
Kosmos 1869 16 de xullo de 1987 Tsiklon-3 Éxito
Okean 1 5 de xullo de 1988 Tsiklon-3 Éxito
Okean O1-4 9 de xuño de 1989 Tsiklon-3 Éxito
Okean 2 28 de febreiro de 1990 Tsiklon-3 Éxito
Okean 3 4 de xuño de 1991 Tsiklon-3 Éxito
Okean 4 11 de outubro de 1994 Tsiklon-3 Éxito
Sich 1 31 de agosto de 1995 Tsiklon-3 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Okean-O1" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Okean-O1 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 / Sich 1" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar