Kosmos 119

Satélite artificial soviético.

Kosmos 119 (Космос 119 en ruso), tamén denominado DS-U2-I Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de maio de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5]

Kosmos 119
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento24 de maio de 1966, 5:31 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento30 de novembro de 1966[1]
NSSDC ID1966-043A
Masa250 kg[6]

Características editar

Kosmos 119 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-I. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e investigar como se propagan as ondas de radio VLF pola mesma, labor continuada polos seus sucesores, Kosmos 142 e Kosmos 259. Kosmos 119 foi inxectado nunha órbita inicial de 1305 km de apoxeo e 219 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 99,7 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de novembro de 1966.[1][3][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 119" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 119" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 September 1966 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (66-22284). 8 de setembro de 1966: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 119" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar