Tálero de convención

antiga moeda de prata de Alemaña e de Austria
(Redirección desde «Konventionstaler»)

O tálero de convención (en alemán: Konventionstaler) foi unha moeda de prata padrón do Sacro Imperio Romano Xermánico, entre 1754 e mediados do século XIX.[1]

Tálero de convención ou konventionstaler do Principado de Brunswick-Wolfenbuttel, cuñado en 1765

O exemplo máis sobranceiro de tálero de convención é o coñecido como Tálero de María Tareixa.[2][3]

Anverso dun tálero de María Tareixa de 1780, un dos tipos máis característicos de tálero de convención

Historia editar

A súa creación supuxo un intento de unificar os diferentes táleros en circulación. Para tal efecto, os estados soberanos, entre os que destacaban Baviera e Austria, asinaron o 20 de setembro de 1753 un tratado monetario denominado Konventionsfuß.[2]

O tálero de convención ou konventionstaler foi, xa que logo, sucesor de moedas como o kronentaler e sobre todo o reichstaler, que equivalía a 1/9 do marco de Colonia, o que supuña unha desvalorización.[4][5]

Como consecuencia do novo tratado de unión monetaria asinado en 1837, Alemaña acabou por substituír, en 1838, o tálero de convención polo tálero prusiano (equivalente a 1/14 do marco de Colonia).[1][2]

Pola súa banda, o Imperio Austríaco mantivo a súa produción ata 1857, pouco antes da adopción do vereinstaler e, posteriormente, do florín austrohúngaro.[1][2][6]

Valor e equivalencias editar

 
Tálero de convención de Bamberg de 1800

O konventionstaler instituíuse co peso e valor da décima parte dun marco de Colonia de prata, ou 23,39 gramos. Este é o motivo de que habitualmente luza a lenda X EINE FEINE MARK ou a súa abreviatura XEF MARK ("10 partes dun marco de prata fina")[1][2]

  • 1 tálero de convención = 2 floríns austrohúngaros = 40 groschen = 120 kreuzer.
  • 1 tálero de convención = 2,4 floríns dos estados alemáns do Sur = 144 kreuzer.
  • 1 tálero de convención = 113 do tálero de conta dos estados do Norte a = 32 groschen).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Konventionstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Konventionsfuß". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  3. "History of the Maria Theresa Thaler". En www.theresia.name/en
  4. "Reichstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  5. "Kronentaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  6. "Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar