Kolmanskop (Afrikaans, alemán: Kolmannskuppe) é unha cidade pantasma no Deserto do Namib no sur de Namibia, a dez quilómetros no interior da cidade portuaria de Lüderitz. Leva o nome dun condutor de transporte chamado Johnny Coleman que, durante unha tormenta de area, abandonou o seu carro de bois nunha pequena inclinación fronte ao asentamento.[1] Foi nunha época unha pequena pero moi rica vila mineira, agora é un destino turístico dirixido pola empresa conxunta Namibia - De Beers.

Modelo:Xeografía políticaKolmanskop
Imaxe

Localización
Mapa
 26°42′15″S 15°13′54″L / -26.7042, 15.2317Coordenadas: 26°42′15″S 15°13′54″L / -26.7042, 15.2317
EstadoNamibia
RexiónKaras Editar o valor em Wikidata
Creación1908 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 1908, o traballador Zacharias Lewala atopou un diamante mentres traballaba nesta área e mostrouno ao seu supervisor, o inspector ferroviario alemán August Stauch. Dado que a zona era rica en diamantes, os mineiros alemáns comezaron a asentarse e pouco despois o Imperio Alemán declarou unha grande área como Sperrgebiet, comezando a explotar o xacemento de diamantes.[2]

Impulsados ​​pola enorme riqueza dos primeiros mineiros de diamantes, os residentes construíron a vila no estilo arquitectónico dunha cidade de Alemaña, con servizos e institucións que incluían un hospital, sala de festas, central eléctrica, escola, pista de birlos, teatro e pavillón de deportes, casino, fábrica de xeo e o primeiro equipamento de Raios X do hemisferio sur, así como o primeiro tranvía de África. Tiña un enlace ferroviario a Lüderitz. As radiografías non se facián por motivos médicos, senón para controlar que ninghún traballador se tragara un diamante para roubalo.

A cidade comezou a declinar despois da segunda guerra mundial cando os diamantes comezaron a esgotarse lentamente. A principios dos anos 50, a zona estaba en declive. O descubrimento en 1928 dos depósitos máis ricos de diamantes nunca coñecidos, nas terrazas da praia a 270 km ao sur de Kolmanskop, preto do río Orange acelerou a desaparición da cidade. Moitos dos habitantes da cidade marcharon, cara ao sur, ao novo descubrimento, deixando as súas casas e posesións atrás. No novo xacemento de diamantes unicamente era necesario explorar as praias, fronte a unha explotación máis difícil en Kolmaskop. A cidade abandonouse en 1956. A forza xeolóxica do deserto provocou que a día de hoxe os turistas camiñen a través de casas enterradas na area. Kolmanskop é moi popular entre os fotógrafos polos seus escenarios nos que a area do deserto reclama esta cidade que unha vez foi próspera e no que o clima árido conserva a arquitectura eduardiana tradicional da zona. Debido á súa situación dentro da área restrinxida (Sperrgebiet) do deserto de Namib, os turistas necesitan un permiso para entrar na cidade.

Na cultura popular editar

  • Kolmanskop foi usado como localización para a serie de TV de Suráfrica O proxecto Mantis (1985). Dirixida por Manie van Rensburg, producida por Paul Kemp, escrita por John Cundill, e protagonizada por Marius Weyers e Sandra Prinsloo.
  • A cidade empregouse como unha das localizacións da película de 1993 Dust Devil.
  • A película de 2000 The King Is Alive rodouse en Kolmanskop, coa cidade utilizada como escenario principal da película.[3]
  • A cidade apareceu nun episodio de 2010 de Life After People. O episodio centrouse nos efectos do vento e da area nos distintos edificios abatidos e amosou salas cheas de area.
  • A cidade empregouse como unha das localizacións da película de 1994 Lunarcop.
  • A cidade usouse no primeiro episodio da serie da BBC Wonders of the Univers para axudar a explicar a entropía e o seu efecto no tempo.
  • A serie de televisión Destination Truth nun dos seus episodios investigou a Kolmanskop, que se rumoreaba que estaba embruxada.
  • Tim Walker fotografou a Agyness Deyn en Kolmanskop, Namibia para Vogue Reino Unido en maio de 2011.
  • A película non narrativa de 2011 Samsara presenta fotogramas rodadas en Kolmanskop.[4]
  • Presentada en 2011 na Tempada 1, Episodio 2 Namibia / Bodie do programa de televisión "Forgotten Planet"
  • A portada do cuarto álbum de Tame Impala, The Slow Rush e os seus sinxelos fotografáronse en Kolmanskop por Neil Krug.[5]

Galería editar

Notas editar

Referencias
  1. "Kolmanskop". Namibia Travel Companion 2013. Namibia Travel Companion. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  2. Schneider, G. (2008). Treasures of the Diamond Coast. Windhoek: MacMillan Education. ISBN 978-99916-0-968-3. 
  3. The King Is Alive, IMDb
  4. SAMSARA LOCATION LIST Arquivado 13 de xullo de 2019 en Wayback Machine., Cincinnati World Cinema
  5. Faulkner, Noelle (19 de xaneirode 2020). "Tame Impala's Kevin Parker Is Finally Ready To Embrace Fame". GQ Australia. Consultado o 19 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar