Kiya foi unha das esposas de Akhenatón, faraón da dinastía XVIII, consérvase pouca documentación histórica sobre a súa vida e o seu papel, en contraste coa primeira e principal esposa do faraón, Nefertiti. Polo seu nome, infrecuente en Exipto, suxeriuse que podería ser unha princesa de Mitanni[1] e contra a metade do reinado do faraón gozou dun importante papel na corte, cando lle deu unha filla[2][3], desaparecendo dos rexistros poucos anos antes da morte do seu home.

Kiya
Nacementoséculo XIV a. C.
Falecementoséculo XIV a. C.
Lugar de falecementoAmarna
NacionalidadeAntigo Exipto
CónxuxeAkhenatón
IrmánsAkhenatón
editar datos en Wikidata ]
Representación da cabeza de Kiya, Altes Museum, Berlín
Tapa dun Vaso canopo coa figura de Kiya, Metropolitan Museum of Art

Nome e títulos editar

O seu propio nome é causa de debates entre os exiptólogos, posiblemente é unha forma abreviada dun nome estranxeiro exipcianizado[4], considerando algúns investigadores[5] a posibilidade de que fora a princesa mitanni Tadukhipa, filla do rei Turshratta, ofrecida como esposa, a moi curta idade[6], a Amenhotep III nos anos finais do seu reinado, converténdose á súa morte en esposa de Akhenatón, e o que fose estranxeira explicaría que nunca aparece levando o título de Grande Esposa Real, reservado para as esposas de orixe exipcia. Así e todo non hai probas da súa orixe foránea[7]. O seu título completo era "Kiya, a amada esposa do rei do Alto e o Baixo Exipto, que vive pola verdade, señor das Dúas Terras, Neferkheperure Waenre, o amado fillo (de Atón)". En xeróglifos:

V31
Z4
G1B1N41
X1
B1U7
D21
D21
Z4 X1
O29
X1
N35M23
X1
L2
X1
S34N35
Aa1
Aa11Aa11
X1
(N5 F35L1N5
Z2
T21
N35)
G40N37
D21
M17A17F35X1

[8]

Documentación e evidencias da súa vida editar

A existencia de Kiya era descoñecida ata 1959 ao se atopar o seu nome e títulos nun pequeno tubo de maquillaxe na colección do Metropolitan que levara trinta anos antes, sen indicar procedencia, o exiptólogo Howard Carter[9]. Grazas a este descubrimento e a estudos posteriores de Jurij Perepelkin, Rainer Hanke, Wolfgang Helck e Rolf Krauss entre outros desbotouse a tradicional crenza que a única muller importante na vida de Akhenatón fora a Grande Esposa Real Nefertiti, a súa única compañeira na súa experiencia relixiosa e a nai das súas seis fillas.

 
Relevo dunha muller durante unha cerimonia de purificación, xeralmente considerado unha representación de Kiya, Metropolitan Museum of Art

Pódese situar a Kiya por primeira vez vivindo na nova capital fundada por Akhenatón e Nefertiti, Akhetatón (actual Tell el-Amarna) no quinto ano do seu reinado. Mantiña unha situación prominente na corte, como pon de relevo as inscricións co seu nome nos templos de Maru-Atón[5] e tiña a súa propia capela[10] no principal templo da cidade, o Per-Atón; tamén que recibise títulos pouco frecuentes como amada esposa inciden nesa importancia, como tamén o fai un rico féretro funerario, descuberto na tumba KV55 do Val dos Reis, recuberto de ouro e de custosa e intricada feitura que se pensa era orixinalmente propiedade de Kiya[11]. Non obstante Nefertiti e Kiya son claramente distinguibles polo seu rango e importancia na corte, non só que Nefertiti tiña o título de Grande Esposa Real, senón que Kiya a diferenza de Nefertiti non obstentaba atribucións relixiosas[12], tamén na súa representación había diferenzas fundamentais, así o nome de Nefertiti inseríase nun cartucho, figurando na iconografía coa coroa e o uraeus real mentres que o nome de Kiya non requiría cartucho nin hai imaxes dela cos anteditos atributos reais, adoitando ir toucada sempre cunha perruca "a escala" e dous grandes pendentes con forma circular. As pegadas máis fermosas que deixou Kiya son os seus vasos canopos, achados na Tumba 55 do Val dos Reis (a KV 55), que serían finalmente utilizados pola momia de home achada alí, quizais o propio Akhenatón.

Algúns exiptólogos para explicar tal prominencia mencionaron a hipótese que Kiya fose a nai de Tutankhamon, e como nai do herdeiro do faraón recibise honras e méritos especiais, porén estudos xenéticos realizados a momias reais exipcias e dirixidos por Zahi Hawass e Carsten Pusch concluíron en 2010 de xeito terminante que a nai biolóxica de Tutankhamon fora KV35YL, a "Dama nova", descuberta na tumba de Amenhotep II.[13]

 
Talatat coas imaxes, medio borradas, de Kiya e a súa filla.

Esvaecemento editar

Kiya esvaeceuse da historia no último terzo do reinado de Akhenatón, o seu nome e imaxes borráronse dos monumentos substituídos por nomes das fillas do faraón. Descoñécese a data exacta da súa desaparición, suxeríndose entre o ano 11 ou 12[14] e o ano 16[15] do reinado de Akhenatón. Non se sabe as razóns da súa desparición, se ben Marc Gabolde suxeriu que volveu a Mitanni ao deteriorarse as relacións entre ese territorio e Exipto [15]

Notas editar

  1. Reeves, C. Nicholas. New Light on Kiya from Texts in the British Museum, p.100 The Journal of Egyptian Archaeology, Vol. 74 (1988)
  2. William J. Murnane. Texts from the Amarna Period in Egypt. Edited by E.S. Meltzer. Atlanta: Society of Biblical Literature, 1995. (ISBN 1-55540-966-0) p. 9, pp 90–93, pp 210–211.
  3. Aidan Dodson (2009) Amarna Sunset: Nefertiti, Tutankhamun, Ay, Horemheb, and the Egyptian Counter Reformation. The American University in Cairo Press ISBN 978-977-416-304-3) p. 17.
  4. Michael E. Habicht (2011) Nofretete und Echnaton. Das Geheimnis der Amarna-Mumien. Koehler & Amelang:Leipzig. ISBN 978-3-7338-0381-0, p. 162
  5. 5,0 5,1 Murnane, William J. (1995) Texts from the Amarna Period in EgyptEdited by E.S. Meltzer. Atlanta: Society of Biblical Literature, 1995 ISBN 1-55540-966-0 p. 9, pp 90–93, pp 210–211.
  6. The Amarna Letters. Edited and translated by William L. Moran. Baltimore: The Johns Hopkins University Press, 1992. ISBN 0-8018-4251-4. Nesas cartas menciónanse outras dúas princesas mitanni, Gilukhipa e Tadukhipa.
  7. Jacobus Van Dijk (1997) "The Noble Lady of Mitanni and Other Royal Favourites of the Eighteenth Dynasty" en Essays on Ancient Egypt in Honour of Herman te Velde, Groningen, 1997, pp. 35–37.
  8. Christine el Mahdy: Tutanchamun. Leben und Sterben des jungen Pharao. Blessing, München 2000. ISBN 3 89667-072-7, S. 358.
  9. Dennis Forbes, "The Lady Wearing Large Earings: Royal Wife Kiya, Nefertiti's Rival", KMT. volume 17, number 3 (2006), p. 28.
  10. Hermann A. Schlögl (2003) Das alte Ägypten . Beck, München 2003, ISBN 3-406-48005-5, p. 239.
  11. Cyril Aldred (1991) Akhenaten, King of Egypt. Thames & Hudson, 1991 ISBN 0-500-27621-8 p 205.
  12. Hornung, Erik Echnaton. Die Religion des Lichts Patmos:Düsseldorf 2003, ISBN 3-491-69076-5, p. 116-118.
  13. Hawass Z, Gad YZ, Ismail S, Khairat R, Fathalla D, Hasan N, Ahmed A, Elleithy H, Ball M, Gaballah F, Wasef S, Fateen M, Amer H, Gostner P, Selim A, Zink A, Pusch CM (2010). "Ancestry and Pathology in King Tutankhamun's Family". JAMA : the journal of the American Medical Association 303 (7). pp. 638–47. PMID 20159872. doi:10.1001/jama.2010.121. 
  14. Reeves, Nicholas (2001) Akhenaten, Egypt's False Prophet. Thames & Hudson, pp. 159–160.
  15. 15,0 15,1 Marc Gabolde. The End of the Amarna Period, BBC History, 17-2-2011

Véxase tamén editar