Kiruna (municipio)

Coordenadas: 67°51′N 020°13′L / 67.850, -20.217

Municipio de Kiruna
Kiruna kommun
Kiruna nya stadshus 01.jpg
Nova casa do concello
Kiruna vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Lappland
Condado Norrbotten
Capital Kiruna
Área e poboación
Poboación 22 623 habitantes
Censo 2022
Área 20 553,28 km²
Densidade 1,18 hab./km²
Mapa
Kiruna Municipality in Norrbotten County.png
Outros datos
Web kiruna.se

Kiruna é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é a cidade de Kiruna. É o concello máis setentrional e o de maior superficie de Suecia.

O leste do municipio está formado po unha paisaxe boscosa, mentres que a parte occidental consiste nunha zona de alta montaña. Ao redor da capital hai rocas con minerais que son a base da economía local pero tamén a causa da transformación urbana da cidade.

Dende a fundación do municipio en 1971 a tendencia de poboación sempre foi negativa, coa excepción da primeira metade dos anos 70 e posteriormente anos soltos. Os socialdemócratas dominaron a vida política do concello ata as eleccións de 2018 e tamén foron parte da meirande parte das coalicións de goberno durante a década de 2000. No mandato de 2018 a 2022 o concello está gobernado por unha coalición integrada polos partidos Centerpartiet, Sjukvårdspartiet, Moderaterna e Kristdemokraterna.

HistoriaEditar

Os restos arqueolóxicos mostran que as primeiras persoas chegaron á zona hai uns 6 000 anos, cando se retirou a capa de xeo da última glaciación.[2]

No ano 1642 atopouse magnetita en Masugnsbyn, onde se abriu a primeira mina de ferro en 1647, e a onde chegaron os primeiros poboadores que non eran saami.[2] A mena de Svappavaara atopouse a finais da década de 1640 ou a principios da de 1650. A primeira mostra de mineral coñecida de Malmberget data da década de 1660, e en 1696 menciónanse por vez primeira as montañas Kiirunavaara e Luossavaara.

A comunidade de Kiruna comezou a medrar a finais do século XIX. Kiruna está na parroquia de Jukkasjärvi, que dende tempos inmemoriais foi fogar dos saami. Durante os séculos XVI e XVII estes dividíronse nas aldeas saami (sameby) de Siggevaara e Tingevaara, pero durante o século XVIII estas dividíronse en catro novos: Siggevaara converteuse en Laevas (Kaalasvuoma) e Gabna (Rautusvuoma), mentres que Tingevaara pasou a ser as aldeas saami de Talma e Saarivuoma. A zona recibiu aos seus primeiros poboadores fino-suecos do Val de Torne (tornedalska) durante a primeira metade do século XVII.

A poboación do municipio era pequena ata que se iniciou a minería a gran escala nos últimos anos do século XIX. A mediados da década de 1880 comezaron as primeiras perforacións de proba en Kirunavaara.[2]

Dende finais do século XVII sabíase que a zona era rica en menas de ferro, pero non sería ata a década de 1890 cando os métodos de minería perminiron a explotación a gran escala. Isto axudou á chegada de moita xente á comunidade. No ano 1902 completouse a liña ferroviaria de Malmbanan entre Kiruna e Narvik, o que facilitou enormemente a exportación de mineral. A liña Malmbanan foi inaugurada oficialmente polo rei Óscar II o 14 de xullo de 1903.[3] A liña electrificouse en 1915.

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Historia". kiruna.se (en sueco). Consultado o 2022-08-08. 
  3. Norrländsk uppslagsbok : ett uppslagsverk på vetenskaplig grund om den norrländska regionen. Höganäs: Bokförlaget Bra Böcker. ©1993-©1996. ISBN 91-972484-1-X. OCLC 28547897.