Kingston, Illa Norfolk

Kingston (en lingua norfolk Daun a'Taun)[1] é a capital do territorio australiano no Pacífico Sur da Illa Norfolk. As oficinas virreinais, lexislativas, administrativas e xudiciais están situadas en Kingston. A cidade é a segunda máis antiga de Australia, e é de grande importancia histórica e cultural para todos os insulares de Norfolk e outros australianos.

Modelo:Xeografía políticaKingston, Illa Norfolk
Imaxe

Localización
Mapa
 29°03′00″S 167°58′00″L / -29.05, 167.9667Coordenadas: 29°03′00″S 167°58′00″L / -29.05, 167.9667
EstadoAustralia
External territory of Australia (en) TraducirIlla Norfolk Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Creación1788 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2899 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpitcairners.org… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A cidade foi fundada o 6 de marzo de 1788 polo tenente Philip Gidley King e 22 colonos (incluíndo 9 homes e 6 mulleres convictas) que desembarcaron ese día do HMT Supply.[2] Partiran de Port Jackson tan só unhas semanas despois do establecemento da colonia Británica de Nova Gales do Sur. O asentamento foi inicialmente coñecido como Sidney ou Sydney Bay, e por 1796 era chamada "cidade de Sydney",[3] en honor do vizconde Sydney, ministro do Interior británico e patrón da Primeira Frota. King estableceuse nunha casa no outeiro sobre a cidade, a masa de raíces no chan fixo que a chamaran "rooty hill",[4] cuxo nome foi adoptado en Rooty Hill, Nova Gales do Sur cando posteriormente King estableceu unha casa alí.

Kingston sería así o asentamento orixinal dos colonos occidentais na Illa Norfolk. Con todo, este asentamento foi abandonado en 1814, e os edificios foron destruídos para evitar que outras persoas ocupásenos. En 1825, a illa foi reocupada, esta vez como unha colonia penal británica con capacidade para 2000 presos. A colonia gañou fama de someter aos prisioneiros a un tratamento brutal, e foi pechada pola presión pública entre 1855 e 1856.

No 2004, o Ministro de Terra e Ambiente australiano Ivens "Toon" Buffett foi asasinado na cidade, foi o segundo asasinato coñecido na illa desde 1893.

Na actualidade, a cidade é pouco máis que o centro administrativo deste territorio autónomo australiano, sen que funcione apenas como asentamento. A capital de facto é a cidade de Burnt Pine, no interior da illa, que é o verdadeiro centro económico e vital da illa.

Xeografía editar

Kingston atópase aliñada este-oeste na chaira de Kingston que se eleva desde a costa ata aproximadamente 20 m sobre o nivel do mar nos contrafortes dos cantís de Kingston. A chaira ten 1´5 km. de longo por aproximadamente 500 m. de ancho, con area calcaria cara ao sur ao longo da costa e arxilas basálticas cara ao norte ao longo dos contrafortes. O extremo occidental da chaira está marcado polos 60 m. de alto de Flagstaff Hill. O arroio de Watermill Creek atravesa a chaira logo de nacer en Arthur Vale ao noroeste, e únese ao arroio Town Creek e varios afluentes menores para formar os pantanos de Kingston antes de desembocar na baía de Emily. A maioría das praias accesibles da illa atópanse ao longo das beiras de Kingston. Cara ao sur, Emily Bay e Slaughter Bay ábrense á lagoa de Kingston e aos arrecifes e a ampla extensión da baía de Sydney. Cara ao leste, o cemiterio da baía ábrese directamente no océano Pacífico sur.

Clima editar

Datos climáticos para Kingston
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 26 25 24 23 21 19 18 18 19 21 22 24 21,7
Media mínima en °C 19 20 19 18 16 16 14 13 14 16 17 18 16,7
Precipitación media mm 84 109 94 130 145 140 155 137 94 94 66 86 1 334
Fonte: Weatherbase [5]

Goberno municipal editar

Non existe un nivel de gobernación municipal na illa de Norfolk, e a cidade non ten límites formais. As funcións municipais como a recolleita de lixo e mantemento de aseos públicos e vestiarios xunto á praia están a cargo da Kingston and Arthurs Vale Historic Area Conservation & Maintenance Team. A cidade non ten emblemas heráldicos distintivos.

Pobos e aldeas próximas editar

A cidade de Burnt Pine atópase a 3 km. cara ao noroeste, e a aldea de Middlegate a 2 km. ao norte. A deshabitada Illa Nepean e Philip Island dominan a vista ao mar desde Kingston.

Patrimonio da Humanidade editar

Kingston atópase no centro da Kingston and Arthurs Vale Historic Area, que foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade o 31 de xullo de 2010 como un dos grupo de once sitios das colonias penais australianas.

Galería editar

Notas editar

  1. Buffett, Alice Inez, Speak Norfolk Today: An Encyclopedia of the Norfolk Island language, Himii Publishing, Norfolk Island 1999: 24
  2. Hoare, Merval, Norfolk Island: a revised and enlarged history 1774–1998, CQUP, Rockhampton 2003 (5th ed): 9–10
  3. 'View of the Town of Sydney, Norfolk Island', 1796, watercolour by WN Chapman, in Hoare, op.cit., plate 2
  4. Rooty Hill Road, Kingston, Norfolk Island, Google Maps, accessed 7 March 2013
  5. "Weatherbase: Historical Weather for Kingston, Norfolk Island". Weatherbase. 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar