Kill Yr Idols
EP de Sonic Youth
Data de edición: outubro de 1983
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: 20:58
Xénero musical: rock alternativo, No Wave, post-punk
Selo discográfico: Zensor
Producido por: Sonic Youth, Wharton Tiers
Cronoloxía
Confusion Is Sex Kill Yr Idols Sonic Death

Kill Yr Idols é un EP da banda estadounidense Sonic Youth, orixinalmente editado só en Alemaña. No ano 1995, Kill Yr Idols foi xuntado á reedición da DGC do álbum de 1983 Confusion Is Sex.

A edición orixinal en vinilo realizouse en outubro de 1983 polo selo Zensor. Houbo unha reedición en setembro de 1987, pero ámbalas dúas só se lanzaron en Alemaña.

O EP lanzouse medio ano despois do seu álbum Confusion Is Sex e contén dous temas deste ("Protect Me You" e "Shaking Hell"), así como unha gravación do primeiro, e tres temas novos gravados ao vivo en dúas pistas en outubro de 1983.[1]

A letra da canción do título fai referencia ao xornalista Tim Sommer, amigo e compañeiro de Thurston Moore na banda Even Worse. Sommer traballaba en The Village Voice co famoso xornalista Robert Christgau, co que tiña unha boa relación, cousa que molestaba a Moore debido a que os primeiros traballos de Sonic Youth recibiran malas críticas por parte de Christgau.[2]

Recepción editar

Jason Birchmeier de AllMusic comentou, "Esas cancións lembran ás de Confusion Is Sex, só que están un pouco máis desenvolvidas, especialmente a canción do título e 'Brother James'. [Kill Yr Idols] resulta nun fascinante camiño a través dos primeiros lampos de xenialidade de Sonic Youth".[3]

Listaxe de cancións editar

Cara A
N.º TítuloLetras/voces Duración
1. "Protect Me You"  Gordon 5:28
2. "Shaking Hell (1 & 2)"  Gordon 4:06
Cara B
N.º Título Duración
1. "Kill Yr Idols"  Moore 2:51
2. "Brother James"  Gordon 3:17
3. "Early American"  Gordon 6:07

Notas editar

  1. "Kill Yr Idols". www.sonicyouth.com. Consultado o 2020-08-28. 
  2. Sommer, Tim. "I am the Yr in "Kill Yr idols": How I Inspired Sonic Youth's Iconic Song". InsideHook (en inglés). Consultado o 2020-08-28. 
  3. "Kill Yr. Idols - Sonic Youth | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-28.