Kike Sola
futbolista español
Enrique Sola Clemente, coñecido coma Kike Sola, nado en Cascante (Navarra) o 25 de febreiro de 1986, é un exfutbolista navarro que xogaba como delanteiro centro.
Kike Sola | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Enrique Sola Clemente | ||
Nacemento | 25 de febreiro de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cascante | ||
Altura | 1,85 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Aluvión | ||
2002–2011 | Athletic Club | ||
2001–2002 | Aluvión | ||
2002–2011 | Osasuna | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2007 | Osasuna B | 61 | (17) |
2007–2013 | Osasuna | 91 | (21) |
2009–2010 | → Numancia (cedido) | 7 | (1) |
2010 | → Levadiakos (cedido) | 10 | (1) |
2013–2018 | Athletic Club | 15 | (1) |
2016 | → Middlesbrough (cedido) | 2 | (0) |
2016–2017 | → Getafe (cedido) | 6 | (0) |
2017 | → Numancia (cedido) | 10 | (0) |
Total | 202 | (42) | |
Selección nacional | |||
2008 | España sub-21 | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
BiografíaEditar
Formouse nas canteiras do Athletic Club e do CA Osasuna, debutou no primeiro equipo na Primeira División no ano 2007, marcando dous goles no partido no seu debut ante o Real Betis Balompié en Sevilla.
No verán de 2009, foi cedido durante unha temporada ao CD Numancia, da Segunda División de España. Posteriormente marchou a metade da temporada 2009-2010 ao Levadiakos FC grego tras non contar con moitos minutos no equipo soriano.
O 3 de xullo de 2013, fíxose oficial a súa fichaxe polo Athletic Club por catro millóns de euros.[1][2][3]
NotasEditar
- ↑ "La triste trayectoria de Kike Sola". Fichajes .com: Noticias y rumores sobre el mercado de fichajes de fútbol (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "Kike Sola - Fichajes.com". Fichajes .com: Noticias y rumores sobre el mercado de fichajes de fútbol (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "El Athletic ficha a Kike Sola por cuatro millones". www.europapress.es. 3 de xullo de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2019.