Kike Hermoso

futbolista español

Enrique Gómez "Kike" Hermoso, nado en Madrid o 10 de agosto de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa central no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Kike Hermoso
Información persoal
Nome Enrique Gómez Hermoso
Nacemento 10 de agosto de 1999
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,90 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Rayo Majadahonda
Número 15
Carreira xuvenil
–2017 Alcobendas
2017–2018 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2017 Alcobendas 24 (0)
2017–2019 Rayo Vallecano B 41 (3)
2019 Huesca 3 (0)
2019–2020 Ejea 17 (0)
2020–2022 Betis Deportivo 36 (0)
2021 Betis 1 (1)
2022–2023 Vilafranquense 5 (0)
2023– Rayo Majadahonda 4 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Alcobendas, debutando co primeiro equipo na Terceira División durante a campaña 2016/17, disputando 24 partidos. No verán de 2017 ingresou no equipo xuvenil do Rayo Vallecano e o 2 de setembro do mesmo ano debutou co Rayo B, nunha vitoria por 2-0 sobre o RSD Alcalá.[1]

En xullo de 2019 fichou polo SD Huesca, sendo destinado ao filial do club, a SD Ejea, da Segunda División B.[2] O 18 de agosto de 2019 debutou co primeiro equipo do Huesca na Segunda División, nunha vitoria por 0-1 sobre a UD Las Palmas no Estadio Insular.[3]

O 1 de outubro de 2020 fichou polo Betis Deportivo, de Segunda B.[4] Case un ano despois, debutou co primeiro equipo do Betis na Primeira División, na vitoria por 1-3 diante de Osasuna, marcando o primeiro gol do partido.[5]

No verán de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Vilafranquense, da Segunda Liga de Portugal.[6] Regresou a España en agosto de 2023, converténdose en novo xogador do Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.[7]

Notas editar

  1. "El Rayo se hace con la joven promesa Kike Hermoso" (en castelán). 14 de xullo de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  2. "Míchel se trae del Rayo a Kike Hermoso" (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  3. Izquierdo, Jesús (18 de agosto de 2019). "El Huesca se lleva el triunfo gracias a un gol de Álex Gallar en la segunda parte". Marca (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  4. "Kike Hermoso, tercer fichaje del Betis Deportivo" (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  5. "Kike Hermoso debuta en el Betis con un gol en El Sadar". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de setembro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  6. "Defesa Kike Hermoso chega do Bétis para reforçar o Vilafranquense" (en portugués). 29 de agosto de 2022. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  7. "Kike Hermoso, nuevo jugador del Rayo Majadahonda". www.rayomajadahonda.com (en castelán). 2023-08-09. Consultado o 2023-12-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar