Khildeberto III
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Khildeberto III, chamado o Xusto, nado no 670 ou 683 e finado no 711, foi rei dos francos desde 695, ano da morte do seu pai, Teodorico III, ata o seu falecemento o 23 de abril de 711. A súa nai era Clotilde de Heristal.
Khildeberto III | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 678 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 14 de abril de 711 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido e Saint-Étienne |
Soterrado | Choisy-au-Bac |
Ocupación | monarca |
Pai | Teodorico III, Rei franco |
Nai | Clothildis Doda |
Fillos | Dagoberto III |
Irmáns | Clodoveo IV e Clotario IV |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pipínidas
|
Arnúlfidas
|
Carolinxios
|
Despois do Tratado de Verdún (843)
|
Tan só era rei no título, o poder real estaba nas mans de Pipino de Heristal, o mordomo de palacio. En 697 casou cunha muller chamada Edonne. Con ela tivo un fillo, quen o sucedería: Dagoberto III.
Pasou toda a súa vida nun palacio antigo no país dos seus antepasados. Trala súa morte, as provincias de Provenza, Aquitania, e Borgoña volvéronse independentes.