Clotario IV, nado en 685 e finado contra 719, foi rei da Austrasia (717-718), foi instalado polo mordomo de palacio, Carlos Martel, como un aliado durante a guerra civil que ocorría.

Modelo:BiografíaClotario IV
Biografía
Nacementoc. 685 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte719 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos Austrasia
717 – 719
← Dagoberto IIIKhilperico II → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (717–719) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor en Wikidata
PaiTeodorico III, Rei franco Editar o valor en Wikidata
ParentesTeodorico III, Rei franco, may be father
Clothildis Doda, may be mother
Khildeberto III, may be father Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Clotaire IV
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata

Probabelmente fillo de Teodorico III (652 - 691) e de Clotilde de Herstal (nada c. 650 e morta o 3 de xuño de 699)

Traxectoria

editar

No 717, Carlos, volveu a Neustria cun exército para atacar a Khilperico II e o seu mordomo Raxenfrido, confirmando a súa supremacía cunha vitoria en Vincy, próximo a Cambrai. En Colonia, despois de botar do poder a Plectrude, proclamou a Clotario rei da Austrasia en oposición a Khilperico, ao que apoiaba Raxenfrido, non Carlos, para a mordomía. No 718, Khilperico foi novamente derrotado por Carlos, desta vez en Soissons. O rei fuxiu xunto co seu aliado, Odón o Grande, duque de Aquitania, para as terras do leste. Logo Odón abandonou a Khilperico e suplicou a paz. A cambio de recoñecemento da súa realeza sobre todos os francos, Khilperico entregou o seu reino á mordomía de Carlos, que gañou o monopolio dos asuntos reais.

No 718, ao que parece, Clotario morreu. No 719, Khilperico foi erguido sobre os escudos como rei. Debe ter sido por causa da morte de Clotario que Carlos aceptou recoñecer a Khilperico como rei. É posíbel que Clotario teña sobrevivido ata o 719, 720 ou 721.

Tamén é posíbel que Clotario fose fillo (ou neto) de Dagoberto II ou Khildeberto III, ou, talvez, nin sequera fose merovinxio, senón só un fantoche conveniente que serviu aos propósitos políticos de Carlos Martel na época. O seu reinado, se así pode ser chamado, foi completamente inconsecuente, pois nunca chegou a ter o poder real.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar