Gibran Khalil Gibran (en árabe: جبران خليل جبران بن ميکائيل بن سعد; en siríaco: ܓ̰ܒܪܢ ܚܠܝܠ ܓ̰ܒܪܢ), nado en Bsharri (O Líbano) o 6 de xaneiro de 1883 e finado en Nova York (EUA) o 10 de abril de 1931, foi un ensaísta, filósofo, narrador, poeta, conferenciante e pintor de orixe libanesa tamén coñecido como Kahlil Gibran. Os seus libros e escritos, de simple beleza e espiritualidade, son recoñecidos e admirados fóra do mundo árabe.[1] O seu nome completo transliterado é Gibran Khalil Gibran, mais no colexio dos EUA, país en que viviu e traballou a maior parte da súa vida, un erro de rexistro reduciu o seu nome a Kahlil Gibran.[2]

Infotaula de personaKhalil Gibran

(1913) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(apc) جُبْران خَليل جُبْران Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(apc) جُبْران ليل ميخائيل سَعْد جُبْران Editar o valor em Wikidata
6 de xaneiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Bxari (Imperio Otomán) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1931 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecirrose hepática
tuberculose
cancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBxari Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTenth Street Studio Building (en) Traducir (1911–1931) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Otomán
State of Greater Lebanon (en) Traducir
Lebanese Republic under French mandate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaSyrian nationalism (en) Traducir e Anticlericalismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Julian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , pintor , poeta , filósofo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1902 Editar o valor em Wikidata - 1931 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, Parábola, conto, fábula e obra de teatro Editar o valor em Wikidata
MovementoMahjar (pt) Traducir e Simbolismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPierre Amédée Marcel-Béronneau Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, Lingua amhárica, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webkahlilgibran.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3209505 Musicbrainz: d8d798d4-995d-43e9-b504-71bc3223495d Discogs: 1381103 WikiTree: Jubrān-5 Find a Grave: 4499 Editar o valor em Wikidata

Na súa relativamente curta, mais prolífica existencia (viviu apenas 48 anos), Khalil Gibran produciu unha obra literaria destacada e artisticamente marcada polo misticismo oriental. A súa obra, acentuadamente romántica e influenciada por fontes de aparente contraste como a Biblia, Nietzsche e William Blake, trata de temas como o amor, a amizade, a morte e a natureza, entre outros. Escrita en inglés e árabe, expresa as inclinacións relixiosas e mística do autor. A súa obra máis coñecida é o libro The Prophet, orixinalmente publicado en inglés e traducido a preto de vinte linguas. Outro libro destacado é o Al-Ajniha al-Mutakassira, en que o autor fala da súa primeira historia de amor.[3]

Traxectoria editar

Gibran Kahlil Gibran era fillo de Khalil ben Gibran, facendeiro, e de Kamilah Rahmeh, filla do párroco do poboado de Bsherri, onde naceu.[4] Os pais de Gibran eran maronitas (seita oriental cristiá que, debendo obediencia ao Papa, difire da Igrexa Romana na liturxia siria e no non celibato do clero).[3] Aos sete anos de idade, Gibran gustaba de illarse na gruta do mosteiro de Mar Sarkis (máis tarde transformado no seu museo)[5] para dedicarse aos debuxos a fusain, ou a lapis. O seu pai, home enérxico e de pouca instrución, pegáballe por iso. En 1894, cando Gibran tiña once anos, a nai, decidida a buscar unha vida mellor para os seus fillos, mudouse a Nova York. Nese momento o pai de Gibran cumpría prisión por unha acusación de fraude na recollida de impostos. Tres anos despois foi condenado e foron confiscados os bens da familia.[4]

De Nova York, coa nai e os seus tres irmáns, Gibran foi para Boston e fixou a súa residencia nunha comunidade libanesa, próxima ao barrio chinés. Pouco despois, aos 15 anos de idade, volveu para o Líbano e ingresou na escola Al-Hikmat de Beirut, institución dirixida polo clero maronita. Gibran dedicouse aos idiomas árabe e francés.[6]

Gibran decidiu quedar co seu pai en Bsherri durante o verán de 1899. No outono, ao retornar a Boston, onde a nai e as irmás traballaban como costureiras e o irmán como empregado dunha tenda, Gibran non volveu á escola nin buscou emprego, senón que decidiu concentrarse na pintura e na literatura.[4]

En abril de 1902 unha das irmás de Gibran, Sultana, morreu vítima de tuberculose. Do mesmo modo perdeu o irmán, Pedro, en marzo de 1903. Tres meses despois a nai de Gibran morreu de cancro. Gibran e a súa irmá, Mariana, continuaron a vivir en Boston; ela, sustentándoos coa costura; el permaneceu escribindo, debuxando e pintando. Un ano despois, aos 21 anos, Gibran posuía cadros suficientes para realizar unha exposición e, para iso, contou coa axuda dun fotógrafo coñecido en Boston, Fred Holland Day, amigo de Mary Haskell.[4]

Desexoso de ampliar estilos marchou a París en 1904 e instalouse en Vaugirard ata 1910. Coñeceu e viviu o ambiente cultural e artístico do París da época. En 1910 volveu de novo a Boston e o ano seguinte fundou unha especie de agrupación político-social que se propuña loitar contra a tiranía e a opresión en Oriente. Trasladouse á cidade de Nova York e en 1912 publicou o seu libro Al-Ajniha al-Mutakassira, que comezara en 1906. Os seus primeiros textos publicounos na revista libanesa "Al-Manarah", publicación fundada polo propio Gibran xunto con Youssef Howayek. Iniciou tamén nesa época unha serie de viaxes por Europa que enriqueceron a súa bagaxe cultural.

Traballou para a revista al- Funun e tras a desaparición desta, para al Saih. Arredor desta última conformouse a agrupación literaria máis importante de toda a etapa do mahyar, "a liga literaria". Fundada como tal o 4 de abril de 1920, destacaron entre os seus membros Yubran, Nuayma, Nasib Arida e Rasid Ayyub. Yubran, concienciado e en plena época de apoxeo fecundo, comezou a publicar en inglés. Foi un período que lle outorgou fama mundial. Gibran traballou na confección de The Prophet, que finalmente logrou publicar en 1923, con éxito total e imaxes da súa propia autoría. Antes publicara The Madman e posteriormente The Forerunner. A partir dese momento a súa saúde decaeu constantemente ata o final da súa vida. Obtivo certo recoñecemento social a partir de 1925 co que melloraron as súas condicións de vida.

Gibran Khalil Gibran faleceu o 10 de abril de 1931 en Nova York a causa de cirrose e tuberculose.[1]

Obra editar

En árabe:

  • Nubthah fi Fan Al-Musiqa (1905)
  • Ara'is al-Muruj (1906)
  • Al-Arwah al-Mutamarrida (1908)
  • Al-Ajniha al-Mutakassira (1912)
  • Dam'a wa Ibtisama (1914)
  • Al-Mawakib (1919)
  • Al-'Awāsif (1920)
  • Al-Bada'i' waal-Tara'if (1923)

En inglés:

 
Ilustración de The madman, his parables and poems
  • The Madman (1918)[7]
  • Twenty Drawings (1919)
  • The Forerunner (1920)
  • The Prophet, (1923)
  • Sand and Foam (1926)
  • Kingdom of the Imagination (1927)
  • Jesus, The Son of Man (1928)
  • The Earth Gods (1931)

Póstuma, en inglés:

Coleccións:

  • Prose Poems (1934)
  • Secrets of the Heart (1947)
  • A Treasury of Kahlil Gibran (1951)
  • A Self-Portrait (1959)
  • Thoughts and Meditations (1960)
  • A Second Treasury of Kahlil Gibran (1962)
  • Spiritual Sayings (1962)
  • Voice of the Master (1963)
  • Mirrors of the Soul (1965)
  • Between Night & Morn (1972)
  • A Third Treasury of Kahlil Gibran (1975)
  • The Storm (1994)
  • The Beloved (1994)
  • The Vision (1994)
  • Eye of the Prophet (1995)
  • The Treasured Writings of Kahlil Gibran (1995)

Outras:

  • Beloved Prophet, The love letters of Khalil Gibran and Mary Haskell, and her private journal (1972, editado por Virginia Hilu)

Traducido ao galego:

  • As ras, Editorial Danú, 2009[8]..
  • O rato e o gato, Editorial Danú, 2009[9].
  • O profeta[10]
  • O xardín do profeta[11]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar