Khabane Lame, nado en Mbacké, Senegal o 9 de marzo de 2000, coñecido como Khaby Lame, é un tiktoker senegalés-italiano.[1] Fíxose coñecido polas súas breves parodias de comedia, que mostraban a persoas que complicaban tarefas sinxelas sen motivo algún.

Infotaula de personaKhaby Lame

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 2000 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Dakar, Senegal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMilán Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (2022–)
Senegal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónTikToker (pt) Traducir , celebridade de internet Editar o valor em Wikidata
Período de actividademarzo de 2020 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm12899875 Rottentomatoes: celebrity/khaby_lame
Twitter: KhabyLame Instagram: khaby00 Youtube: UCoB_J8iG3VILKQ3MfBFtu_Q TikTok: khaby.lame Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cando Lame tiña un ano, a súa familia mudouse a un complexo de vivendas públicas en Chivasso, Italia. Ten tres irmáns. Lame traballou como operador de máquina CNC nunha fábrica preto de Turín, antes de ser despedido en marzo do 2020.[2][3][4][5] Pouco despois, en marzo de 2020, comezou a publicar vídeos en TikTok durante o confinamento pola pandemia do COVID-19.[6]

O 26 de abril de 2021, superou a Gianluca Vacchi como o tiktoker italiano máis seguido,[7] e en xullo de 2021, superou a Addison Rae para converterse no segundo tiktoker italiano máis seguido chegando, ese ano, a ter máis de 122 millóns de seguidores en TikTok. Tamén contaba con máis de 59,4 millóns de seguidores en Instagram tras vencer a Chiara Ferragni como o italiano máis seguido na plataforma. É o terceiro tiktoker máis seguido no mundo e o italiano máis seguido.[8] En outubro de 2021, constatouse que seis dos 17 vídeos con máis "me gusta" en TikTok son seus.[9]

En agosto de 2021, Lame apareceu como coprotagonista no anuncio da Juventus FC dun novo xogador, Manuel Locatelli.[10][11]

Imaxe pública editar

Taylor Lorenz e Jason Horowitz de The New York Times atribuíron o éxito de Lame á súa "calidade universal exasperada de todo home" e describiron o seu ascenso á fama como diferente da maioría das estrelas de TikTok, xa que era "completamente orgánico". Samir Chaudry, fundador de The Publish Press, un boletín de noticias centrado na economía dos creadores, declarou que o atractivo de Lame debíase a que representaba "a autenticidade sobre a produción" e "non esforzarse demasiado".[12] Christina Ferraz, fundadora da axencia de márketing estadounidense, declarou: "A súa exasperación é identificable e os sentimentos son universais". Lame atribuíu o seu propio ascenso á fama ás súas expresións faciais humorísticas e ao seu silenzo e destacou a Will Smith, Eddie Murphy e Checco Zalone como as súas fontes de inspiración.[12]

Vida persoal editar

Lame anunciou o seu compromiso con Zaira Nucci en outubro de 2020.[13] Dende 2021, Lame vive en Milán co seu axente.[14] Aínda que estivo vivindo en Italia desde que era un bebé, aínda non posúe un pasaporte ou cidadanía italiana, só un pasaporte senegalés. Dixo: "Sinceramente, non necesito un papel para definirme como italiano".[12] O seu patrimonio neto estimado está entre 1,3 e 2,7 millóns de dólares.[15]

Notas editar

  1. Pacho, Lorena (2021-11-23). "La increíble vida de Khaby Lame: de perder su trabajo a tener más seguidores que Zuckerberg en redes sociales" (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  2. How Khaby Lame Took Over TikTok - The New York Times
  3. Top 50 Most Followed TikTok accounts in 2021 | TikTokBlade
  4. Top 100 TikTok Users And Stars | TikTok Metrics
  5. Chi è Khaby Lame? Il tiktoker è cresciuto di 4 milioni in nove giorni: tutte le curiosità su di lui
  6. Marino, Patrizio (2 de maior de 2021). "CHI È KHABY LAME: IL FENOMENO TIKTOK DEL MOMENTO". movieplayer.it (en italiano). Archived from the original on 15 de maio de 2021. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  7. Khaby Lame è il nuovo re di Tik Tok Italia: chi è, da dove viene, cosa fa | Radio Deejay
  8. Khaby Lame supera Chiara Ferragni: è l'italiano con più follower su Instagram | VIDEO - Le Iene
  9. Tapia, Amancay (2021-10-08). "The 17 most liked TikTok videos (all in one place)" (en inglés). Consultado o 2021-11-07. 
  10. Who is Khaby Lame? Wiki, Bio & Facts About Gaming Video Creator
  11. Khaby Lame: 10 cose da sapere sul fenomeno TikTok del momento
  12. 12,0 12,1 12,2 Horowitz, Jason (2021-06-02). "Khaby Lame, the Everyman of the Internet". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-11-07. 
  13. "Chi è Zaira Nucci, la fidanzata del tiktoker Khaby Lame" (en italiano). Consultado o 2021-11-07. 
  14. CNN, Faith Karimi and Gianluca Mezzofiore. "He's the most popular man on TikTok. And he doesn't say a word". Consultado o 2021-11-07. 
  15. "Factory worker now worth $2.7m". news (en inglés). Consultado o 2021-11-07.