Kerli

cantante estoniana

Kerli Köiv Vazmart, máis coñecida polo seu nome artístico Kerli, nada en Elva (Estonia) o 7 de febreiro de 1987, é unha artista musical estoniana.

Kerli
Kerli at Nashville Pride 2012 by Kathryn Parson cropped.jpg
Nome completoKerli Kõiv
Nacemento7 de febreiro de 1987
 Elva
NacionalidadeEstonia
Ocupacióncantante, pianista, compositora, music artist, compositora de cancións e Produción musical
Kerli signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Kerli medrou con poucas comodidades, xunto coa súa única irmá Samantha Köiv Vazmart, e tamén coa forte convicción de que algún día ía cambiar de ambiente. Isto non lle resultou demasiado complexo, e con 14 anos quedou segunda no certame Eurolaul, que clasifica os artistas estonianos para participar no Festival de Eurovisión.

Con estudos en canto, ballet, actuación e piano clásico, Kerli decidiu adicarse de cheo á música, con bos resultados. No 2006 firmou un contrato discográfico con Island/Def Jam, no 2007 lanzou o seu EP debut e no 2008, o seu primeiro álbum de estudio, titulado Love Is Dead. Segundo o sitio web da artista, neste álbum atopamos implícita toda a historia da pequena Kerli, con inicio nunha pequena aldea de Estonia, e tendo que cruza-lo mar cara a Escandinavia para poderse converter nunha artista de verdade.

Dese cambio na súa contorna, Kerli afirma que medrou moito como persoa, xa que na súa terra non se lle permitía amosa-las emocións e, dada a falta de opcións, o seu soño de marchar e facer música foi sempre a súa maneira de evadirse e fuxir.

Outras cancións que podemos atopar no mesmo disco son: "I Want Nothing", "Bulletproof", "Beautiful Day", "Butterfly Cry", "Fragile" e "Hurt Me", cantada xunto coa súa irmá.

«Nunca tiven un soño que non se chegara a realizar» confesou Kerli, cando se dispoñía a viaxar ós Estados Unidos para gravar. «Canto máis grande sexa o soño, máis tempo leva que se faga realidade. No momento no que te deixas levar, é cando algo acode a ti». «Todo o que desexo é ser feliz. Quero facer do amor a miña armadura para que nada me poida ferir».

Gravou tamén dúas cancións para a banda sonora de Alice in Wonderland, "Strange" (xunto con Tokio Hotel) e "Tea party" (cun vídeo musical).

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Ano Título Posición nas listas Vendas e recoñecementos
EUA[1] EST[2] BEL[3] ITA[4] SWI[5]
2008 Love Is Dead 126 1 52 64 92
  • Vendas nos Estados Unidos: 32,000
  • Vendas en Estonia: 3,500
  • Recoñecemento en Estonia: Platino

EPsEditar

Ano Álbum Vendas
2007 Kerli
  • EP
  • Lanzamento: 16 de outubro de 2007
5000+
"—" denota que non entrou nas listas ou que non foi lanzado nese país.

SinglesEditar

Ano Singles Posición máis alta Álbum
SWI[6] BEL[3] ITA[7] GER[8] MTV BAL[9] AUT[10] LTV PL EST EU
2008 "Love is Dead" 67 Love Is Dead
"Walking on Air" 37 32 12 25 5 35 10 20 1 63
2009 "Creepshow" 15 42 15 256
"Fragile"

NotasEditar

  1. "Billboard Chart History". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2008. 
  2. Kerli seljatas Hu? (Kerli beat Hu?). (en estoniano) Raadio 2
  3. 3,0 3,1 Flemish Ultratop
  4. Fimi archivie
  5. swisscharts.com
  6. Lista suíza
  7. "Italy Singles Top 50 - Music Charts". 
  8. "World Charts - German singles chart 2009". 
  9. "MTV European: Main page". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  10. "Austria Singles Top 75 - Music Charts".