Ken Andrews

músico estadounidense

Ken Andrews, nado como Kenneth Andrew Doty o 18 de xuño de 1967, é un músico, cantante, compositor e produtor estadounidense. Andrews naceu en Seattle, Washington, e estudou nunha escola de cine nos Ánxeles antes de que a súa banda Failure asinase un contrato co selo Slash Records.

Infotaula de personaKen Andrews

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , produtor musical , enxeñeiro de son , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSlash Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webkenandrews.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1037413 Facebook: ken.andrews.1422 Twitter: andrewsken Instagram: andrewsken Tumblr: kenandrews MySpace: kenandrews Vimeo: user2348206 Spotify: 1y1l5fMMx1VIehHQQbValM iTunes: 875992 Last fm: Ken+Andrews Musicbrainz: 0bb979a7-661a-4101-9f32-d73062e70044 Songkick: 422604 Discogs: 130492 Allmusic: mn0000088486 Genius: Ken-andrews Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Andrews é coñecido sobre todo por ser cofundador, principal vocalista, guitarrista, baixista e co-compositor da banda de rock alternativo Failure. Tamén tocou en Replicants, unha banda de versións onde tamén tocaban membros de Tool.[1] Tras a separación de Failure en 1997 gravou música baixo o nome de ON, e posteriormente montou e liderou a banda Year of the Rabbit. Andrews tocou en solitario, ademais de colaborar nunha "banda dixital" chamada Digital Noise Academy con Justin Meldal-Johnsen, Sharky Laguana (Creeper Lagoon), Jordon Zadorozny e Charlotte Martin (coa que Andrews casou en 2005), entre outros. En 2014 Andrews reuniuse cos membros de Failure Greg Edwards e Kellii Scott. Xuntos iniciaron unha xira por Norteamérica, que incluíu dúas datas con A Perfect Circle e Puscifer para celebrar o 50 aniversario de Maynard James Keenan.[2]

Ademais do seu traballo como músico, Andrews tamén produciu e mesturou material de moitos artistas, como Nine Inch Nails, Beck, Lostprophets, Pete Yorn, A Perfect Circle, Tenacious D, Black Rebel Motorcycle Club, Candlebox ou Mae, entre outros. Tamén destaca a súa participación na produción de "You Know My Name", o tema para a película do 2006 de James Bond Casino Royale, interpretada polo líder de Soundgarden Chris Cornell.

Notas editar

  1. "Replicants | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-02. 
  2. Epting, Chris. "Maynard James Keenan Celebrates His 50th Birthday in Style". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-02.