KNM Maud (A530)

buque loxístico

O KNM Maud (A530) é un buque loxístico para a subministración de armamento e equipamento para a Real Armada de Noruega. É o buque de maiores dimensións e peso morto das forzas navais de Noruega.

KNM Maud (A530)
Historial
Estaleiro Daewoo Shipbuilding & Marine Engineering Corea do Sur
Clase Clase Maud
Tipo Aegir
Operador Armada Real de Noruega
Autorizado 15 de decembro de 2015
Botado 4 de xuño de 2016
Asignado novembro de 2018
Viaxe inaugural 29 de marzo de 2019
Características xerais
Desprazamento 27 500 toneladas
Eslora 183 m
Manga 25,9 m
Puntal 8,62 m
Propulsión Diésel Hibrida (CODLOD) 2 × 7500kW Wärtsilä motores principais 2 × 3170kW Wärtsilä diésel xeradores
2 × 1000kW Wärtsilä propusores de proa
Velocidade 18 nós
Autonomía 10 000 millas náuticas
Tripulación 43 persoas (+116 aloxadas)
Aeronaves 2 x NH90
Equipamento aeronaves Cuberta de voo a popa e hangar para un helicóptero.

IMO: 9703916
MMSI: 257092200
Sinal de chamada: LBEB
Sociedade de clasificación: Det Norske Veritas

En 2013 o goberno noruegués abriu unha oferta para a construción dun buque loxístico por un orzamento de 150 millóns de euros ao que se presentaron 13 estaleiros. O concurso quedou baleiro xa que ningunha das ofertas chegaba a cumprir os requirimentos técnicos por ese prezo.[1] Na segunda volta presentáronse cinco estaleiros: Bergen Group, Hyunday Heavy Industries, Daewoo, DCNS, Fincantieri e Navantia, baixáronse os requirimentos. O contrato foi adxudicado ao deseño Aegir 18A de Daewoo xa que Navantia superaba en 30 millóns de euros o orzamento.[2]

O proxecto leva varios atrasos acumulados e a última data para a entrega do buque está pendente a finais de 2018.

Notas editar

  1. "Navantia ofrece un Cantabria low cost a Noruega". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  2. "Navantia compite con cinco astilleros por el buque noruego". 

Ligazóns externas editar