KITSAT 1, (acrónimo de Korean Institute of Technology Satellite 1), coñecido tamén como OSCAR 23, foi un satélite artificial de Corea do Sur lanzado o 10 de agosto de 1992 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][4][5]

KITSAT 1 / OSCAR 23
OrganizaciónInstituto Coreano de Tecnoloxía
BusMicrosat-70
Data de lanzamento10 de agosto de 1992[1][2][3]
Foguete portadorAriane 4[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservación terrestre e demostración tecnolóxica.[2][3][4][5]
NSSDC ID1992-052B
Masa48,6 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7693 km[1]
Inclinación66,1°[1]
Apoapse1322,5 km[1]
Periapse1322,2 km[1]

Características editar

KITSAT 1 foi un satélite desenvolvido polo Instituto Coreano de Tecnoloxía e Surrey Satellite Technology. Usaba o bus Microsat-70, con forma de caixa de 35 x 35 x 67 cm e unha masa de 48,6 kg. Estaba recuberto de células solares para producir enerxía eléctrica e estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro despregable.[1][2][4][5]

O satélite levaba as seguintes cargas a bordo:[1][2][4][5]

  • Earth Imaging System (EIS): dúas cámaras con sensores CCD, unha cunha resolución de 4 km e outra de 400 m.
  • Digital Signal Processing Experiment (DSPE): un experimento sobre transmisión de información dixital desde o espazo.
  • PACSAT Communications System (PCS): un servizo para afeccionados capaz de almacenar e transmitir mensaxes a estacións terrestres mediante protocolos estándar a velocidades de 9600 bps.
  • Cosmic Ray Experiment (CRE): un experimento para a investigación da radiación ambiental e os seus efectos, composto polo Total Dose Experiment (TDE) para medir a dose total de ionización e polo Cosmic Particle experiment (CPE) para detectar eventos de partículas enerxéticas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "OSCAR 23 (KITSAT 1)" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "KITSAT-A" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 4 January 1996 from the Permanent Mission of the Republic of Korea to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-80227T). 16 de xaneiro de 1995: 2. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Kitsat 1, 2 (Uribyol 1, 2 / Kitsat-OSCAR 23, 25 / KO 23, 25)" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "Kitsat" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar