Kimolos (grego: Κίμωλος) é unha illa grega no Mar Exeo, pertencente ao grupo de illas das Cícladas, situada no extremo suroeste delas, preto da illa máis grande de Milos. Kimolos é o centro administrativo do municipio de Kimolos, que tamén inclúe as illas deshabitadas de Polyaigos, Agios Efstathios e Agios Georgios (comprada por unha familia de armadores locais). A illa ten unha superficie de 36 km², mentres que a superficie terrestre do municipio é de 53´251 km², e tiña unha poboación de 910 habitantes no censo de 2011. A súa capital é Horio Kimolou, e o seu porto principal Psathi. O seu punto máis alto é o monte Paleokastro (364 m).

Modelo:Xeografía políticaKímolos
Κίμωλος (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°48′N 24°33′L / 36.8, 24.55Coordenadas: 36°48′N 24°33′L / 36.8, 24.55
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
ArquipélagoCícladas - Κυκλάδες Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor em Wikidata
Altitude364 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal840 04 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Historia editar

Kímolos é unha illa cunha rica historia. O seu nome provén de Kímolos, o primeiro residente da illa, de acordo á tradición. Tamén chamada Echinousa, durante os tempos antigos, probablemente debido á serpe Equidna (víbora), aínda hoxe común na illa. Desde a época antiga, foi un campo de batalla entre a Antiga Atenas, gobernante da illa, e Esparta, gobernante de Milos. Na Idade Media era coñecida como Argentiera (grego: Αρτζεντιέρα), por mor da cor prateada das terras rochosas da costa sur. Desde aqueles tempos, á illa foi un centro de comercio importante.

Xunto co resto de Grecia, foi gobernada polo Imperio Otomán, ata 1829, cando foi anexado polo estado grego xunto co resto das Cícladas.

Xeografía editar

Kimolos atópase ao noroeste da maior illa de Milos, separada dela por unha canle de 1 km de ancho. Ten forma redonda, aproximadamente con 7 km de radio. A illa ten unha superficie total de 36 km². O punto máis alto é o monte de Paleokastro, con 364 m.[1] a única cidade é Chorio, situada nun outeiro no oeste da illa. Tamén hai pequenos asentamentos en Psathi (porto), Goupa, Kara, Prasa, Aliki, Bonatsa e Dekas.[2]

Ao leste de Kimolos atópase a illa de Polyaigos, coa metade do seu tamaño. Polyaigos é a maior illa deshabitada do Exeo. Tamén forma parte do municipio de Kimolos.[3]

Poboación editar

Durante máis de 150 anos, de xeito similar co resto das zonas rurais gregas, era unha pobre illa agrícola, ata principios de 1990, cando empezou o desenvolvemento turístico e a mellora do nivel de vida dos seus residentes. Con todo, segundo os últimos censos, a poboación parece diminuír, con non máis de 600 residentes (na súa maioría xubilados) durante o inverno. A poboación menor de idade non son máis de 100, segundo os rexistros da escola. A maioría da poboación activa dedícase á elemental industria turística da illa (hoteis, restaurantes) en combinación con actividades de agricolas, principalmente durante o inverno.

Referencias editar

  1. "Kimolos - General Information". Official website of Kimolos. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  2. "Chorio & the Settlements of Kimolos". Official website of Kimolos. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  3. "Island of Polyaigos". Official website of Kimolos. Consultado o 12 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar