K'inich K'uk' Bahlam II
K'inich K'uk' B'ahlam II ou K'inich K'uk Balam II foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. Tamén é referido como Bahlum K'uk' II ou Mahk'ina Kuk. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Quetzal Xaguar ou Radiante Quetzal Xaguar. Gobernou do ano 764 ó 783.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | século VIII |
Ajaw de Palenque | |
4 de marzo de 764 – 783 ← K'inich Kan Bahlam III – Wak Kimi Janaab' Pakal → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | K'inich Ahkal Mo' Naab III |
Traxectoria
editarFoi fillo de K'inich Ahkal Mo' Naab III e Ix Men Nik, tamén coñecida como Ix Sajal Juj.[2][3] De acordo ás inscricións atopadas en Palenque, o seu antecesor puido ser Upakal K'inich Janaab' Pakal de quen se descoñece a data final do seu goberno; porén, en Pomoná atopouse unha inscrición datada no ano 751 que se refire a un gobernante palencano a quen se chamou co nome de K'inich Kan Bahlam III.[4]
De acordo á conta longa do calendario maia, K'inich K'uk' B'ahlam II foi entronizado o 9.16.13.0.7 9 manik 15 uo, é dicir, o 4 de marzo do ano 764. Durante o seu goberno foron tallados o taboleiro dos 96 glifos e o taboleiro da creación. Ambos os taboleiros, pertencentes ó Período Clásico tardío, son considerados os mellores logros escultóricos de xeroglíficos maias pola facilidade e precisión coa que parecen ser tallados os bloques de pedra.[5] No taboleiro dos 96 glifos atópase escrita a cronoloxía dinástica de Palenque a partir de K'inich Janaab' Pakal. O sucesor de K'uk B'alam II foi Wak Kimi Janaab' Pakal.[6]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Grube, Nikolai (2006). Los mayas. China: Könemann. ISBN 978-3-8331-1959-0.
- Miller, Mary Ellen (2009). Arte y arquitectura maya. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0077-6. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- Skidmore, Joel (2008). "The Rulers of Palenque. A Beginner's Guide" (PDF). Mesoweb Publications. Consultado o 16 de decembro de 2012.
- Stuart, David (2010). Comentarios sobre las inscripciones del Templo XIX de Palenque (PDF) (Precolumbia Mesoweb Press ed.). Estados Unidos: The Pre-Columbian Art Research Institute. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.