K'an Joy Chitam I
K'an Joy Chitam I, nado o 3 de maio de 490 e finado o 6 de febreiro de 565 foi un ahau maia do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. É tamén coñecido como Hok, Kan Xul I ou K'an Hok' Chitam I. As propostas para a tradución do seu nome son Pecarí Amarelo Atado ou Precioso Mozo Pecarí.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 490 (Gregoriano) |
Morte | 8 de febreiro de 565 (Gregoriano) (74 anos) |
5º Ajaw de Palenque | |
6 de febreiro de 529 – 6 de febreiro de 565 ← Ahkal Mo' Nahb I – Ahkal Mo' Nahb II → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Traxectoria
editarDe acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.2.15.3.8 12 lamat 6 uo, é dicir, o 3 de maio do ano 490. O 14 de novembro de 496, cando tiña cinco anos e medio de idade, participou nunha cerimonia na cal se lle outorgou un título de nobreza —que lle correspondía por herdanza— nun lugar chamado Toktahn, cuxa localización aínda non foi identificada.[2] Dende a morte do seu antecesor até o seu entronización existe un período de interregno que durou pouco máis de catro anos. K'an Joy Chitam I ascendeu ó poder o 9.4.14.10.4 5 k'an 12 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 529, cando contaba con 39 anos de idade.[3]
No taboleiro oriental do Templo das Inscricións, existen rexistros que sinalan que Joy Chitam I realizou ofrendas ós seus deuses —moi probablemente autosacrificios de sangue— nos anos 534, 554 e 564, que na conta longa corresponden ós rexistros 9.5.0.0.0, 9.6.0.0.0 e 9.6.10.0.0 respectivamente.
Despois de gobernar durante trinta e seis anos, Joy Chitam morreu o 9.6.11.0.16 7 kib 4 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 565. Un retrato de K'an Joy Chitam I atópase tallado en altorrelevo na cara occidental do sartego de Pakal “o Grande”.[4]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Skidmore, Joel (2008). "The Rulers of Palenque. A Beginner's Guide" (PDF). Estados Unidos: Mesoweb Publications.