Juventud (Xinzo de Limia)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Juventud.
Juventud foi un periódico editado en Xinzo de Limia en 1919.
Juventud | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Periódico independiente defensor de los intereses locales, apareceu o 15 de febreiro de 1919. Periódico quincenal de tendencia republicana e anticaciquil, estaba dirixido por Alejandro Álvarez Rodríguez. Os redactores eran Luis Seijo Villarino e Antonio Nieto Oliva. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Seijo Iglesias (que foi nomeado xerente), Lino Pereda, Celso Nieto Oliva, Juan P. de la Yborra, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Cesou a súa publicación co número 10, o 13 de xuño dese ano. Foi substituído por El Agrario.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Juventud". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". ISBN 84-689-5317-2.