Justine Henin

tenista profesional belga

Justine Henin, nada en Liexa o 1 de xuño de 1982,[1] é unha tenista belga retirada, coñecida polo seu estilo de xogo sobre todas as superficies e por ser unha das poucas xogadoras en realizar o revés cunha soa man. Estivo un total de 117 semanas como número un do mundo en 2003, 2006 e 2007. Henin, procedente dun país cun éxito limitado no mundo do tenis, axudou a establecer Bélxica como forza líder no tenis feminino xunto con Kim Clijsters, e levou o seu país a gañar a súa primeira Fed Cup en 2001.

Infotaula de personaJustine Henin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMonte Carlo
Rexión de Bruxelas-Capital
Rochefort (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Altura167 cm Editar o valor em Wikidata
Peso57 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1999–2011) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata - 26 de xaneiro de 2011 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado20.863.335 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBélxica Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro  e one-handed backhand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorCarlos Rodriguez (en) Traducir (2009–2011)
Carlos Rodriguez (en) Traducir (1996–2008) Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 525–115 Editar o valor em Wikidata  1 (2003)
Tenis dobres 47–35 Editar o valor em Wikidata 23 (2002)
Hall of fame Fitxa HOF Editar o valor em Wikidata
WTA Info WTA Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjustine-henin.be Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1856052 Facebook: Justine-Henin-Official-page-353706170093 Twitter: justine_henin Editar o valor em Wikidata

Henin gañou sete títulos individuais de Grand Slam, gañando o Torneo de Roland Garros en 2003, 2005, 2006 e 2007, o US Open en 2003 e 2007 e o Aberto de Australia en 2004. En Wimbledon, foi finalista en 2001 e 2006. Tamén gañou a medalla de ouro individual nos Xogos Olímpicos de 2004. En total gañou 43 títulos individuais da WTA.

Os expertos citan a súa fortaleza mental, o completo e variado do seu xogo, a súa velocidade e xogo de pés e o seu revés, que John McEnroe describiu como "o mellor revés cunha man tanto en homes como en mulleres",[2] como as principais razóns do seu éxito.[3][4] Retirouse do tenis profesional o 26 de xaneiro de 2011, debido a unha lesión crónica no cóbado.[5] En xuño de 2011, foi nomeada unha das "30 Lendas do Tenis Feminino: Pasado, Presente e Futuro" pola revista Time.[6] Está amplamente considerada unha das mellores mulleres tenistas de todos os tempos.[7][8] En 2016, converteuse na primeira tenista belga incluída no International Tennis Hall of Fame.[9][10]

Estatísticas editar

Grand Slam editar

Torneo 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 SR W–L
Aberto de Australia A 2R 4R QF SF W A F A QF A F 3R 1 / 9 38–8
Roland Garros 2R A SF 1R W 2R W W W A A 4R A 4 / 9 38–5
Wimbledon A 1R F SF SF A 1R F SF A A 4R A 0 / 8 30–8
US Open 1R R 4R 4R W 4R 4R F W A A A A 2 / 9 35–7
Vitorias-derrotas 1–2 4–3 17–4 12–4 24–2 11–2 10–2 25–3 19–1 4–1 0–0 12–3 2–1 7 / 35 141–28

Finais de Grand Slam individuais: 12 (7 títulos, 5 finalistas) editar

Resultado Ano Campionato Superficie Rival Marcador
Finalista 2001 Wimbledon Herba   Venus Williams 1–6, 6–3, 0–6
Gañadora 2003 Roland Garros (1) Terra   Kim Clijsters 6–0, 6–4
Gañadora 2003 US Open (1) Dura   Kim Clijsters 7–5, 6–1
Gañadora 2004 Aberto de Australia (1) Dura   Kim Clijsters 6–3, 4–6, 6–3
Gañadora 2005 Roland Garros (2) Terra   Mary Pierce 6–1, 6–1
Finalista 2006 Aberto de Australia Dura   Amélie Mauresmo 1–6, 0–2 ret.
Gañadora 2006 Roland Garros (3) Terra   Svetlana Kuznetsova 6–4, 6–4
Finalista 2006 Wimbledon Herba   Amélie Mauresmo 6–2, 3–6, 4–6
Finalista 2006 US Open Dura   Maria Sharapova 4–6, 4–6
Gañadora 2007 Roland Garros (4) Terra   Ana Ivanovic 6–1, 6–2
Gañadora 2007 US Open (2) Dura   Svetlana Kuznetsova 6–1, 6–3
Finalista 2010 Aberto de Australia Dura   Serena Williams 4–6, 6–3, 2–6

Notas editar

  1. UNESCO
  2. "Henin bows out at the top". BBC Sport. 14 de maio de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  3. "Resilient Henin takes U.S. Open title". The Hindu (India). 7 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2003. Consultado o 1 de xuño de 2008. 
  4. McClure, Geoff (29 de xaneiro de 2004). "Sporting Life". The Age (Melbourne, Australia). Consultado o 1 de xuño de 2008. 
  5. "Justine Henin quits tennis because of injury", BBC News, 26 de xaneiro de 2011.
  6. William Lee Adams (22 de xuño de 2011). "30 Legends of Women's Tennis: Past, Present and Future – Justine Henin". TIME. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  7. Le Miere, Jason (28 de agosto de 2015). "Top 10 Women’s Tennis Players Of All-Time: Where Does Serena Williams Rank On List Of Greatest Ever?". International Business Times. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  8. Williams, Jeff (28 de agosto de 2015). "10 best women's tennis players of all time". Newsday. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  9. Marat Safin, Justine Henin inducted into International Tennis Hall of Fame. Associated Press (17 de xullo de 2016)
  10. Justine Henin. International Tennis Hall of Fame