Jurij Brězan, nado o 9 de xuño de 1916 en Worklecy e finado o 12 de marzo de 2006 en Kamjenc, foi un escritor sorabo de expresión alto soraba e alemá. Está considerado o máis importante escritor sorabo do século XX, e o máis exitoso na historia da literatura en sorabo[1], as súas obras traducíronse a 25 linguas.

Infotaula de personaJurij Brězan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1916 Editar o valor em Wikidata
Räckelwitz, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 2006 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Kamenz, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCrostwitz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
República Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta , escritor , tradutor , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Unificado de Alemaña Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioDušan Šwik Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e Alto sorabo Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLudmila Brězanowa
FillosQ114959132 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjurijbrezan.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0108339 Find a Grave: 235067246 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jurij Brězan naceu nunha clínica como Georg Bresan, forma xermanizada que nunca utilizou en público na súa vida adulta. Estudou dende 1928 no instituto de Bautzen, e logo economía. A partir de 1933 traballou para a Domowina, institución cultural e política soraba, e foi activo nun grupo sorabo de resistencia. Na época utilizou o pseudónimo Dušan Šwik. En 1937 e 1938 exiliouse en Praga. Tras o seu regreso estivo preso entre 1938 e 1939. Desde 1942 e 1944 foi soldado da Wehrmacht ata que os norteamericanos o fixeron prisioneiro de guerra.

 
Jurij Brězan con Christa Wolf (1981)

De 1945 a 1948, foi funcionario da Domowina e organizou o movemento xuvenil Serbska młodźina así como as brigadas xuvenís sorabas en Iugoslavia, de curta duración [2]. En 1946 entrou no SED. Foi, tamén, vicepresidente da Unión de Escritores da RDA entre 1969 e 1989.

Obra editar

 
Despacho de Brězan en Horni Hajnk

Moitas das súas novelas teñen trazos autobiográficos. A máis coñecida é a triloxía sobre Feliks Hanuš, que consiste en Šuler (1959), Wučbne lěta (1959) e Zrałe leta (1964).

Outras obras teñen a súa base en contos e lendas sorabas da Alta Lusacia. Unha figura recorrente é feiticeiro mítico Krabat. En 1955, traduciu Mišter Krabat de Měrćin Nowak-Njechorński ao alemán co título Meister Krabat der gute sorbische Zauberer. Krabat apareceu máis tarde no conto de fadas Čorny młyn de 1968 e en dúas novelas, Krabat de 1976, e Krabat, druha kniha de 1994. A maioría das súas obras apareceron simultanemente en sorabo e alemán, normalmente escribíaas en sorabo e logo realizaba a versión en alemán. Non obstante, as súas dúas obras autobiográficas apareceron só en alemán[3]

Libros editar

  • Do noweho časa (poesía, 1950)
  • Prěnja brózda (1951)
  • Swĕt budże rjeńši (1951)
  • Stara Jančowa (1952)
  • Mjez Čornobohom a Błótami (1953)
  • Wo jednorym žiwjenju (guión cinematográfico, 1955)
  • Naš wšědny dźeń (poesía, 1955)
  • Po dróze a při dróze: zapiski pućowaceho (1955)
  • Započatki (1956)
  • Madlena a druhe powědančka a skicy (1958)
  • Feliks Hanuš 1. – Šuler (1958)
  • Christa – stawizny młodeje holcy (1958)
  • Trix a woł Jonas (1959)
  • Marja Jančowa: wobrazy ze žiwjenja serbskeho ludu (1960)
  • Feliks Hanuš 2. – Wučbne lěta (1960)
  • Robert a Sabina (1961)
  • Kak je elefant do hribow šoł (1963)
  • Feliks Hanuš 3. – Zrałe lěta (1964)
  • Nawrót do Krakowa (1966)
  • Wulke dyrdomdejstwa małeho kocora (1966)
  • Čorny młyn (1968)
  • Łužiske impresije (1972)
  • Hajdanec dźěd a šerjenja (1975)
  • Krabat (1976)
  • Moja protyka (1979)
  • Kamuški a skała (1981)
  • Stary nan (1982)
  • Psowe prózdniny (1985)
  • Stara liška (1985)
  • Mein Stück Zeit (memorias, 1989)
  • Módry konik Digidonk (1991)
  • Moja archa Horni Hajnk (1992)
  • Lijeńca (1992)
  • Rifko – z dźenika dakla (1993)
  • Hadrijan a Awgustina (1993)
  • Krabat, druha kniha (1994)
  • Braškowe powědanja (1994)
  • Čitanka (1996)
  • Salowčenjo (1997)
  • Naš wuj z Ameriki (1997)
  • Rozmyslenja a domyslenja (1998)
  • Ohne Paß und Zoll (memorias, 1999)
  • Štwórtk, tři běrtlki na štyri (2000)
  • Ze studnje lět (2001)
  • Rokotowy kerk (2002)
  • Habakuk (2004)

Notas editar

  1. Stone, Gerald (2015)The Smallest Slavonic Nation: The Sorbs of Lusatia Bloomsbury Publishing, p.85
  2. Stone, Gerald (2015) Slav Outposts in Central European History: The Wends, Sorbs and Kashubs Bloomsbury Publishing
  3. Jurij Brězan, Ohne Paß und Zoll, Leipzig: Gustav Kiepenheuer, 1999, p. 213