Christa Wolf
Christa Wolf, nada en Landsberg an der Warthe (daquela en Alemaña, hoxe Polonia) o 18 de marzo de 1929 e finada en Berlín o 1 de decembro de 2011[1], foi unha novelista, ensaísta e guionista cinematográfica alemá.
Traxectoria
editarNaceu co nome de Christa Ihlenfeld, e foi criada dentro da clase media. Despois da derrota de Alemaña en 1945, mudou cos seus familiares á comunista Alemaña do Leste. Militou no Partido Socialista da RDA. Durante a guerra fría, aínda que se opuxo ao goberno da RDA, mantívose fiel ao marxismo. Opúxose á reunificación alemá. A súa obra reflicte as experiencias que tivo durante a segunda guerra mundial e a súa vida en plena posguerra. Entre as súas novelas pódense mencionar Der Geteilte Himmel (1963), Nachdenken über Christa T. (1968), severamente criticada na Alemaña Oriental; Kindheitsmuster (1976); Kassandra (1983),[2] o seu libro máis lido, que vincula o poder nuclear e o patriarcal; Was bleibt (1990), que trata sobre a vixilancia do goberno e os seus propios nexos coa policía secreta, e Medea, novela que reelabora o mito tráxico grego.
Foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid.
Finou o 1 de decembro de 2011 aos 82 anos de idade en Berlín (Alemaña), cidade na que viviu co seu marido.
Notas
editar- ↑ Muere a los 82 años la escritora alemana Christa Wolf
- ↑ Fausto Cercignani, Existenz und Heldentum bei Christa Wolf. "Der geteilte Himmel" und "Kassandra", Würzburg, Königshausen & Neumann, 1988.