Julio Sanjurjo López

sindicalista galego

Julio Sanjurjo López, nado na Coruña cara a 1894, foi un sindicalista galego.

Infotaula de personaJulio Sanjurjo López
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata (129/130 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Fogueiro. Membro do SIP da Coruña. Foi procesado en maio de 1927 con Gumersindo Alonso Vale por coacción e roubo dunha embarcación.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa de Manuel Montes Don e logrou fuxir da Coruña nunha pequena embarcación a vela que chegou a Brest en setembro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por traizón na causa pola fuxida do "Conchita", e declarado en rebeldía. Cando chegou a Barcelona enrolouse nun petroleiro da CAMPSA co que puido marchar cara ao porto de Marsella, despois de que as tropas franquistas entraran na cidade. Rematada a guerra ficou en Marsella até mediados de 1941, que decidiu retornar á Coruña onde foi detido e procesado. Preso na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade provisional en abril de 1943.[2]

O seu irmán Santiago Sanjurjo López foi asasinado en agosto de 1937. En abril de 1938 Galicia Libre recolleu a nova do asasinato de Manuel Montes Don e o seu fillo Carlos Montes Babío nun artigo no que Julio Sanjurjo (que asinaba co pseudónimo Anatalio) lembraba os catorce meses de persecución constante nos que conviviu cos falecidos.

Vida persoal editar

Casou con Josefa Rilo Pérez e foi pai de Josefa, Manuela, Julio e Fernando Sanjurjo Rilo.

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 4-5-1927, p. 2.
  2. BOE, 17-4-1943, p. 2441.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar