Abrir o menú principal

Julio Prieto Martín

futbolista español

Julio Prieto Martín, nado o 21 de novembro de 1960 en Madrid é un ex-futbolista español que xogaba na demarcación de centrocampista.

Julio Prieto
Información persoal
Nome completo Julio Prieto Martín
Nacemento 21 de novembro de 1960 (58 anos)
  Madrid
Nacionalidade España
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1981 Atlético de Madrid B
1981–1987 Atlético de Madrid 166 (11)
1981CD Castellón "Cedido" 20 (2)
1987–1990 Celta de Vigo 107 (19)
1990–1991 Atlético de Madrid 12 (0)
1991–1993 CP Mérida 52 (4)
1991–1993 Talavera CF 35 (5)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

TraxectoriaEditar

Formado nas categorías inferiores do Atlético de Madrid debutou co primeiro equipo en 1981, porén nun principio non tivo moita continuidade no equipo e foi cedido ao CD Castellón. Ao comezo da tempada 1987/88 foi finalmente traspasado ao Celta de Vigo, sendo o máximo goleador do equipo o ano do seu debut con oito tantos. Ao ano seguinte perdeu protagonismo trala chegada do dianteiro brasileiro Amarildo pero mantívose nas súas cifras goleadoras.

Deixou o equipo galego tralo descenso do mesmo á Segunda División en 1990, e tras dúas tempadas no CP Mérida retirouse xogando no Talavera CF.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar