Abrir o menú principal

Xulio Sesto

xornalista e escritor galego (1879-1960)
(Redirixido desde "Julio Manuel Vicente Sesto")

Julio Manuel Vicente Sesto, coñecido como Julio Sesto, nado no Rosal o 10 de xullo de 1879 e finado en San Ángel (México) o 5 de maio de 1960, foi un xornalista e escritor galego.

Xulio Sesto
Monumento a Xulio Sesto (detalle).jpg
Nome completoJulio Manuel Vicente Sesto
AlcumeXulio Sesto
Nacemento10 de xullo de 1879
 O Rosal
Falecemento5 de maio de 1960
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Emigrou a Porto Rico en 1895, onde ampliou os seus estudos, e en 1897 marchou a México, onde se estableceu dende 1901. Alí iniciou a súa actividade xornalística no diario El Imparcial, pasando despois a El Correo Español e Diario del Hogar. Fíxose famoso coa publicación do poema "Las abandonadas" no Diario de la Marina da Habana en 1909. Retornou a España en 1911 e foi redactor de El Liberal e colaborou en Blanco y Negro, Nuevo Mundo e La Ilustración Española y Americana, entre outros. A partir de 1917 abandonou o xornalismo para dedicarse exclusivamente á súa faceta de escritor. Actuou como intermediario diplomático en diferentes cuestións entre España e México.

En 1913 creou a editorial El Libro Español, e en 1917 fundou a revista ilustrada Tricolor, da que tamén foi director. Foi profesor de Literatura e Lingua castelás na Universidade Nacional de México en 1920, cargo do que dimitiu poucos anos despois. Varias das súas creacións foron levadas ao cine.

Estaba preparando as súas memorias cando se suicidou na súa casa de México.

Foi pai da xornalista Nina Sesto.

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Azulejos: poesías, 1914.
  • Cactus, 1921.
  • Cálices: poesías, 1940.
  • El libro que canta: poema, 1949.
  • Alboradas: o libriño da i-alma: poesía gallega y castellana, 1958.

NarrativaEditar

  • ¡Mamacita linda...! (las divorciadas): novela mexicana, 1927.
  • La reina de Acapulco, 1935.
  • La sangre de España: novela heroica, 1937.
  • Como ardían los muertos: novela mexicana, 1947.
  • La casa de las bugambilias: novela romántica, 1947.
  • La tórtola del Ajusto: novela mexicana, 1951.
  • La emperatriz morena, 1957.
  • La ciudad de los palacios, 1958.

EnsaioEditar

  • Las abejas del Rosal, 1928.
  • La bohemia de la muerte, 1929.
  • Historia del pensamiento mexicano: desde las siete peregrinaciones de Aztlán hasta nuestros días, 1942.
  • Historia pasional del amor en América, 1959.
  • El México de Porfirio Díaz.

Véxase taménEditar