Julio Lois Fernández

Teólogo católico galego

Julio Lois Fernández, nado en Pontevedra en 1935 e finado na Coruña o 22 de agosto de 2011, foi un sacerdote católico, profesor universitario e teólogo galego, un dos máis destacados defensores da teoloxía da liberación en España[1][2].

Infotaula de personaJulio Lois Fernández
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 2011 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Pontificia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Socioloxía Pastoral en Roma[3] e doutoramento en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. A súa formación relixiosa coincidiu co proceso conciliar do Concilio Vaticano II, co que puido coñecer as obras dos teólogos europeos e os novos retos marcados pola igrexa sobre a súa reforma, o diálogo con outras confesións relixiosas, a liberdade relixiosa e, en xeral, os cambios a que deron lugar os debates do Concilio.

Entre 1966 e 1970 foi profesor no seminario de Cochabamba (Bolivia), amais de traballar como sacerdote nunha parroquia dos suburbios, o que marcou a súa vocación teolóxica. De regreso a España estableceuse no barrio madrileño de Vallecas, onde levou a cabo unha intensa labor como sacerdote e impulsou os movementos católicos de base como a Juventud Obrera Cristiana (JOC) e a Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC), vinculándose ao movemento veciñal.

Como docente foi profesor encargado de teoloxía no Instituto Superior de Pastoral da Universidade Pontificia salmantina. Membro activo da Asociación de Teólogos Juan XIII, presidiu a mesma entre 2005 e 2009.

Obra editar

  • Fe y política (1977)
  • Teología de la liberación. Opción por los pobres (1986; tese doutoral)
  • Los movimientos cristianos de base en España (1991)
  • Jesús de Nazaret, el Cristo liberador (1996)
  • La experiencia del Resucitado en los primeros testigos y en nosotros hoy (2003)
  • El Dios de los pobres (2005)

Notas editar

  1. Julio Lois, in memoriam, en www.atrio.org, 23 de agosto de 2011 (en castelán).
  2. "Julio Lois, teología de la liberación hecha vida", necrolóxica de Juan José Tamayo en El País, 25 de agosto de 2011 (en castelán).
  3. "El teólogbo gallego Julio Lois fallece a los 76 años en A Coruña", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de agosto de 2011 (en castelán).