Xulio Cribeiro

político galego
(Redirección desde «Julio Cribeiro García»)

Julio Cribeiro García, nado en Cedeira en 1959, é un médico e político galego do PPdeG primeiro e de Progresistas por Moeche despois.

Infotaula de personaXulio Cribeiro
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Cedeira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Médico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Moeche e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. O 24 de abril de 2008 presentou a renuncia como alcalde e tamén como concelleiro premido pola moción de censura que formularan os seus propios compañeiros de partido e un concelleiro do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde o seu número dous Julio López Romeo[1]. Foi acusado de malversación de fondos públicos[2] e declarado non culpable por un xurado popular cuxo veredicto foi ratificado polo TSXG[3]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Progresistas por Moeche e na sesión de investidura apoiou a elección do candidato do PPdeG[4]. Despois de apoiar ao PP, en 2014 conseguiu forzar a dimisión do alcalde López Romeo e converterse no novo alcalde co apoio do seu grupo e mais do PP, regresando á formación conservadora. Perdeu a alcaldía nas municipais de 2015 en favor do BNG, que logrou a maioría absoluta.


Predecesor:
Fernando Campos Castro
  
Alcalde de Moeche
 
1995 - 2008
Sucesor:
Julio López Romeo
Predecesor:
Julio López Romeo
  
Alcalde de Moeche
 
2014 - 2015
Sucesor:
Beatriz Bascoy Maceiras

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar