Julio López Romeo
político galego
Julio López Romeo, nado en Abade (Moeche) en 1951, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 ![]() Abade, España ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Moeche ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarConcelleiro do PPdeG en Moeche dende as eleccións municipais de 1995. O 24 de abril de 2008 o alcalde do PPdeG Xulio Cribeiro García presentou a renuncia como alcalde presionado pola moción de censura que formularan os seus propios compañeiros de partido e un concelleiro do PSdeG-PSOE. O 7 de maio López Romeo foi elixido alcalde[1]. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Moeche e foi elixido alcalde co apoio de Progresistas por Moeche do exalcalde popular Xulio Cribeiro[2]. Renuncia en febreiro de 2014 pola falta de apoio dos outros dous concelleiros do PP.[3][4]
Predecesor: Xulio Cribeiro |
Alcalde de Moeche 2008 - 2014 |
Sucesor: Xulio Cribeiro |
Notas
editar- ↑ "López Romeo xa é o novo alcalde de Moeche". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2012.
- ↑ El PP gobernará en Moeche a pesar de que la lista más votada era el BNG
- ↑ La Voz de Galicia, 21-2-2014, p. 11.
- ↑ Xulio Cribeiro de nuevo alcalde de Moeche, Galicia Ártabra Digital, 27/02/2014 (en castelán).