Fernando Campos Castro
político galego
Fernando Campos Castro, nado en Moeche o 17 de setembro de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1952 ![]() Moeche, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , hosteleiro , fotógrafo ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarHostaleiro e fotógrafo[1]. Membro do PSdeG-PSOE, formou parte da súa candidatura en Moeche nas eleccións municipais de 1983. Porén, a posición do partido ante o Referendo sobre a permanencia de España na OTAN en 1986 supuxo que o abandoase e que nas municipais de 1987 encabezase a candidatura Agrupación Veciñal Independente Progresista[2], sendo elixido alcalde co apoio dos dous edís PSdeG-PSOE. Regresou ó PSdeG e encabezou a súa candidatura nas municipais de 1991, conseguindo a vitoria e sendo reelixido alcalde en coalición coa CNG. Optou por non presentarse á reelección en 1995 e retirouse da política.
Predecesor: Luis Pazo Novo |
Alcalde de Moeche 1987 - 1995 |
Sucesor: Xulio Cribeiro García |