Julien Nkoghe Bekale

político gabonés

Julien Nkoghe Bekale, nado o 9 de xaneiro de 1962, é un político gabonés, que foi primeiro ministro de Gabón entre 2019 e 2020.

Julien Nkoghe Bekale
Julien Nkoghe Bekale

12 de xaneiro de 2019 – 16 de xullo de 2020
Presidente Ali Bongo
Precedido por Emmanuel Issoze-Ngondet
Sucedido por Rose Christiane Raponda

Datos persoais
Nacemento 9 de xaneiro de 1962 (62 anos) Kango, Gabón
Partido Partido Democrático Gabonés (PDG)

Foi nomeado para o cargo polo presidente Ali Bongo Ondimba en xaneiro de 2019, tras o intento de golpe de Estado ocorrido uns días antes.[1]

Traxectoria editar

Bekale é membro do Partido Democrático Gabonés. Ocupou cargos ministeriais con Ali Bongo e Omar Bongo, como ministro de Petróleo, Gas e Hidrocarburos[2] en 2009 e de Transporte e Equipamento en 2011.[3][4]

Primeiro ministro de Gabón editar

Despois de tomar posesión como primeiro ministro o 12 de xaneiro de 2019, Bekale anunciou a composición do novo goberno, na que mantivo á maioría de ministros, aínda que nomeando a Emmanuel Norbert Tony Ondo Mba como novo ministro de Enerxía.[5] Anunciou o novo goberno dende Rabat, Marrocos.[6]

Dimitiu o 16 de xullo de 2020, sendo nomeada no seu lugar Rose Christiane Raponda.[7]

Notas editar

  1. "Gabon : Julien Nkoghe Bekale devient le nouveau Premier ministre" (en francés). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  2. "Gabon names new Prime Minister as Bongo seeks return to stability" (en inglés). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  3. "Portrait de Julien Nkoghe Bekalé, le nouveau ministre premier ministre du Gabon" (en francés). January 12, 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  4. "[Série] Portrait de Julien Nkoghe Bekale, le nouveau ministre des PME et de l’Artisanat, un secteur crucial pour la création d’emplois au Gabon" (en francés). 15 de maio de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  5. "Gabon's New Prime Minister Forms Government After Coup Attempt" (en inglés). 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  6. "Gabon : L’équipe complète du gouvernement Julien Nkoghé Békalé" (en francés). 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  7. "Gabon appoints first woman prime minister Ossouka Raponda" (en inglés). Reuters. 17 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.