Julián Sánchez Bort
Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz, foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España. Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol. Traballou nos arsenais de Ferrol, Cartaxena e La Carraca, Cádiz, no século XVIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1725 Cuenca |
Morte | 31 de agosto de 1781 Cádiz |
País de nacionalidade | Española |
Actividade | |
Ocupación | Arquitecto, enxeñeiro, militar |
Obra | |
Obras destacables
|
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Orihuela e comezou a traballar en Murcia na década de 1740. Percorreu durante case dous anos cidades e portos nos Países Baixos, Francia e Flandres para formarse en enxeñaría hidráulica. Completou formación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Desde 1754 participou nas obras da base naval de Ferrol durante case vinte anos. En 1771 marcha a Navarra e, tras percorrer distintos destinos e ocuparse de diferentes obras da Coroa, en 1777 é destinado a La Carraca, Cádiz.
Ferrol adicoulle o seu nome a unha rúa do ensanche.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vigo Trasancos, Alfredo. (1984-1985). "El Arquitecto – Ingeniero Julián Sánchez Bort: Perfil biográfico y obra en Galicia". Cuadernos de Estudios Gallegos, ISSN 0210-847X, T. 35, Nº. 100, pp. 501–525