Judy Sullivan

enxeñeira biomédica

Judy Shanaberger Sullivan, nada en 1943, é unha enxeñeira biomédica[1] que traballou para a NASA durante as misións Apolo 11, Apolo 10, Apolo 9, Apolo 8 e Gemini 12.[2] Para as misións Apolo 9 e Apolo 11, foi enxeñeira biomédica. Foi a única muller no seu departamento e unha das poucas mulleres que traballaban para a NASA nun posto técnico nesa época. Foi a primeira muller enxeñeira contratada pola NASA para as probas de naves espaciais.[3]

Judy Sullivan
Nasa-photosapollo-11-002judysullivan-f 0.jpg
Nacemento1943
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterJackson State University
Ocupaciónenxeñeira
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sullivan (entón Shanaberger) asistiu á Universidade Estatal de Jacksonville en Alabama, sendo a mellor estudante da súa clase de secundaria, tamén en Alabama. Licenciouse en bioloxía e especializouse en química e matemáticas.[4] Decidiu que quería estudar matemáticas e ciencias despois de escoitar un discurso do presidente John F. Kennedy no que alentou a máis escolares a estudar enxeñaría, ciencias e matemáticas.[5] Sullivan graduouse no segundo lugar da súa clase na universidade.[2] Despois de graduarse da universidade, Sullivan comezou a súa carreira como profesora de matemáticas e ciencias na escola secundaria en Cocoa Beach, Florida.[3] En 1966 solicitou emprego na NASA e foi contratada como tecnóloga e enxeñeira aeroespacial.

Carreira na NASAEditar

Sullivan non foi contratado pola NASA nin tampouco solicitou un traballo de tempo completo, senón que primeiro solicitou un traballo de verán na NASA.[5] Foi contratada na NASA en 1966 como a primeira muller enxeñeira en Operacións de Naves Espaciais.[1] Na década de 1960, o 17 % do persoal da NASA eran mulleres, e a maioría desas mulleres eran secretarias.[6] Foi a enxeñeira biomédica líder da misión Apolo 11 e a única muller que axudou a Neil Armstrong no laboratorio de traxes antes do lanzamento.[7] Sullivan estaba na sala de control para o lanzamento de 1969, controlando os sistemas biomédicos; aínda que non puido ver o lanzamento, Sullivan comentou sobre o acontecemento "O meu asento retumbaba e sabías que algo poderoso estaba a suceder".[8][2]

Como enxeñeira biomédica, Sullivan era responsable do mantemento dos dispositivos de telemetría médica que eran usados polos astronautas e de supervisar a telemetría deses instrumentos antes e durante o proceso de lanzamento.[3][9] Sullivan verificaba o funcionamento dos instrumentos de telemetría médica pouco despois de que fosen conectados aos astronautas durante o proceso adaptación e de vestimenta. Máis adiante no voo, a responsabilidade desa telemetría trasladouse ao centro de Houston.

Sullivan foi citada nunha noticia da época dicindo:

Os astronautas levan os nosos sensores adheridos aos seus corpos durante as principais probas das naves espaciais e durante o voo. Estes sensores controlan os latexos do seu corazón, realizan electrocardiogramas e controlan a frecuencia e a profundidade da respiración.

Durante as probas da nave espacial e os lanzamentos en vivo no KSC, un médico residente e eu, como enxeñeira biomédica, sentámonos nas consolas e supervisamos os datos biomédicos.

O médico avalía o estado físico do tripulante, e eu, o funcionamento do sistema biomédico.[3]

Sullivan sinalou que a súa era a única voz feminina nas canles de voz, polo que se cometía algún erro, todos saberían quen era o responsable, mentres que unha voz masculina podería non ser recoñecida.[2][3][10]

Sullivan non tiña un título en enxeñaría, pero a política da NASA nese momento permitíalle ser clasificada segundo o seu expediente universitario.[2] Graduarse entre o 20 % dos mellores da súa clase cun programa con moito contido en matemáticas permitiu un título de traballo de "Enxeñeira".

Despois do Apolo 11, mudouse a Ithaca, Nova York, co seu esposo e ensinou na escola secundaria mentres o seu esposo estudaba en Cornell. Máis tarde, a parella mudouse coa súa familia a Pensilvania, onde ela traballou como mestra e tecnóloga de alimentos para Kraft. Sullivan está orgullosa dos seus logros coa NASA e continúa animando as mozas a dedicarse aos campos da ciencia, as matemáticas e a enxeñaría.[2][5]

O 19 de xullo de 2019, Our Daily Planet declarou a Sullivan como a "Heroína da semana" polo seu papel na NASA e por alentar as mulleres novas a seguir carreiras en tecnoloxía e ciencia.[11]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Patrinos, Thalia (2019-07-09). "Judy Sullivan, Lead Engineer for the Apollo 11 Biomedical System" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Palochko, Jacqueline (15 de xullo de 2019). "50 years after mission accomplished, Lower Macungie woman talks about her role as Apollo 11 biomedical engineer" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Benedict, Joy (8 de xullo de 1969). "A Girl Engineer for NASA". Florida Today (en inglés) (Cocoa, Florida). p. 1D. Consultado o 2021-02-28. 
  4. "Judy Sullivan, una más en la sala de control de la NASA". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-09-10. Consultado o 2021-04-04. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Tang, Elisa (18 de xullo de 2019). "Former NASA engineer shares what it was like working on Apollo 11 as a woman" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  6. Werner, Debra (xullo-agosto de 2019). "Women Reflect on Apollo" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  7. Salam, Maya (23 de xullo de 2019). "Five Women Who Made the Moon Landing Possible". New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-02-28. 
  8. Loff, Sarah (17 de abril de 2015). "Apollo 11 Mission Overview" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  9. Lorenzo, Nieves; Calvo, Encina (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna" (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. Consultado o 2021-03-30. 
  10. "Lady Engineer Keeps Tabs on Astronauts". 29 xuño 1969. p. G4. Consultado o 18 outubro 2019. 
  11. "Hero of the Week: Judy Sullivan" (en inglés). 2019-07-19. Consultado o 2021-02-28. 


Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Lorenzo, Nieves; Calvo, Encina (18 de abril de 2020). «Ellas nos llevaron a la Luna». Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social 0 (4): 61-68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764
  • Weitekamp, Margaret A. (2004). Right Stuff, Wrong Sex : America's first women in space program. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0801879949. OCLC 55124275.  

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar