Juan Vázquez Gayoso
Juan Vázquez Gayoso, nado en Rábade o 5 de xuño de 1902, foi un avogado, xuíz e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1902 ![]() Rábade, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xuíz, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Jesús Vázquez Gayoso ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Jesús Vázquez Vázquez e irmán de Jesús Vázquez Gayoso. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Na República foi profesor axudante de Dereito na Universidade Complutense de Madrid e foi nomeado vicepresidente da Agrupación primeira de Xurados Mixtos de Madrid en maio de 1936.[1] Colaborou en El Presidencialista de Madrid, Horizontes de Lugo e Las Riberas del Eo de Ribadeo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xuíz de primeira instancia e instrución de Orihuela, Oficial Letrado do Tribunal Popular de Responsabilidades Civís durante un tempo, abandonando este posto para reintegrase como xuíz de Orihuela en maio de 1938.[2] Foi nomeado capitán asimilado do Corpo de Seguridade (Grupo uniformado) en setembro de 1938,[3] e foi profesor da Academia Militar de Oficiais do Corpo de Seguridade. Publicou o folleto Moral militar antifascista para a Academia de Oficiais do Corpo de Seguridade.[4] Exiliouse en Panamá, e foi profesor de dereito na Universidade de Panamá. Nos anos cincuenta rexentou a Librería Minerva en Caracas.
Vida persoal
editarCasou con María Dolores Díaz Vázquez, e foi pai de Juan Miguel, Ana María e Rafael Vázquez Díaz.[5]
Notas
editar- ↑ Gaceta de Madrid, 15-5-1936, p. 1516.
- ↑ Gaceta de la República, 13-5-1938, p. 1305.
- ↑ Gaceta de la República, 10-9-1938, p. 1177.
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
- ↑ Amor y Vázquez, el hispanista exiliado en USA que llevaba en su cartera una foto de Ribadeo