Juan Martínez Míguez

Juan Martínez Míguez, tamén coñecido como Vilafíns e Villafíns en lembranza do seu pai[1], nado en Santiago de Compostela en 1919 e finado na mesma cidade en 1985, foi un pintor galego.

Juan Martínez Míguez, "Vilafíns"
NomeJuan Martínez Míguez
Nacemento1919
 Santiago de Compostela
Falecemento1985
NacionalidadeEspaña
Influenciado porLino Martínez Villafínez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Único fillo do tamén pintor Lino José Martínez Villafínez, tivo un estilo pictórico semellante a el, de xeito que ás veces son confundidos. O 30 de marzo de 1941 fixo a súa primeira exposición de debuxos xunto a obras do seu pai no Centro Compostelán de Vigo[2], onde semella que obtivo un grande éxito, vendéndoo todo. O 30 de xuño deste ano inaugurou unha exposición con corenta e dúas obras, debuxos, acuarelas e pastel, no Salón da Unión Protectora de Artesáns, en Santiago[3], cunha magnífica acollida da crítica[4].

Notas editar

  1. Asinaba Villafinez H. Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine. ("Villafínez hijo").
  2. El Pueblo Gallego, 30-3-1941, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 1-7-1941, p. 5.
  4. El Compostelano, 3-7-1941, p. 1. Esta fonte afirma que foron expostas só trinta e oito obras.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar