Juan Marey Díaz

político galego

Juan Marey Díaz, nado en Lugo en 1915 e finado na Reborica (Aranga) o 21 de outubro de 1936,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaJuan Marey Díaz
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
A Reborica, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Directivo do PSOE de Lugo, participou nos mitins da campaña das eleccións de febreiro de 1936.[2] Foi elixido presidente das Juventudes Socialistas Unificadas da provincia de Lugo en xullo de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo. Sacado da prisión o 21 de outubro, foi paseado no monte da Reborica (Aranga). Foi inscrito coma descoñecido o 24 de outubro de 1936. En 1937 foi recoñecido polo seu pai.

Notas editar

  1. En El Progreso apareceu publicada a súa necrolóxica o 27-10-1936, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 13-2-1936, p. 6.
  3. El Progreso, 15-7-1936, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar