Juan García-Gallardo
Juan Manuel García-Gallardo Frings, nado en Burgos o 18 de marzo de 1991, é un xinete de equitación, avogado e político español. Foi o candidato á Xunta de Castela e León nas eleccións autonómicas de 2022 por Vox. Logo de chegar o seu partido a un acordo de goberno co Partido Popular está proposto para vicepresidente da Xunta de Castela e León.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan García-Gallardo Frings 18 de marzo de 1991 (33 anos) Burgos, España |
Vice president of the Junta de Castilla y León (en) | |
20 de abril de 2022 – | |
Procurador nas Cortes de Castela e León | |
Representa: Vox 10 de marzo de 2022 – Lexislatura: 11th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Valladolid | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pontificia Comillas - dereito de sociedades (2013–2014) Universidade Pontificia Comillas - Máster en Avogacía (2013–2014) Universidade Pontificia Comillas - dereito (2009–2013) |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Vox |
Traxectoria
editarFillo e neto de avogados, licenciouse en dereito na Universidade Pontificia Comillas e realizou un mestrado dobre de acceso á avogacía e dereito de empresa na Universidade de Deusto. Membro do Centro Ecuestre Miraflores, foi campión de España universitario de hípica en 2012[1]e campión de Castela e León de salto en 2020[2]. Participou no campionato mundial universitario de debate en castelán que se celebrou en Madrid en 2013. En decembro de 2016 entrou a traballar no bufete da súa familia[3].
Política
editarEn xaneiro de 2022 anunciouse que García-Gallardo ía encabezar a lista de Vox ás eleccións anticipadas para as Cortes de Castela e León[4], malia entrar no partido só en xuño do ano anterior[3].Logo do seu seu nomeamento, eliminou chíos de twitter con comentarios sobre persoas LGBT, feministas, romanís e inmigrantes; en 2011 escribira "Semella unha grande idea recuperar Raúl para a Eurocopa. Hai que heterosexualizar ese deporte cheo de maricóns"[5]. Este comentario en particular defendeuno como unha brincadeira de mocidade[6].
Durante a campaña, comprometeuse a pactar co gobernante Partido Popular para evitar un goberno dese partido en solitario, e considerouno un partido "adicto ao poder"[7] mais tamén afirmou que non ía haber alianza se o PP non asumía as políticas de Vox, como os incentivos económicos para aumentar a natalidade na comunidade autónoma[8][9].
Logo das eleccións, Vox pasou de ter un deputado a 13, co 17% do voto, e mudou no terceiro partido da cámara[10]. Nas negociacións para formar goberno García-Gallardo díxolle ao presidente en funcións Alfonso Fernández Mañueco que só formaría unha coalición de se eliminar dúas normas: unha lei de 2010 sobre violencia de xénero que Vox considera politicamente motivada e que infravalora outras formas de violencia, e un decreto de 2018 que establecía un Consello Asesor para a Memoria Histórica[11]
O 10 de marzo de 2022, Mañueco anunciou a formación dun goberno de coalición con Vox, no que este grupo tería tres conselleiros dos dez do goberno e García-Gallardo sería o vicepresidente[12]. Comprometeuse, tamén, a substituír a lei de violencia de xénero por unha lei de violencia doméstica con independencia do xénero[13] e por primeira volta un partido de ultradereita entraba nun goberno en España dende a transición á democracia.[14]. Así e todo, o presidente da Xunta de Castela e León comprometeuse a que o seu goberno ía ter pleno respecto á orde constitucional e ao Estatuto de Autonomía de Castela e León[15].
Notas
editar- ↑ "Juan García-Gallardo Frings, nuevo campeón de España Universitario". Diario de Burgos. 23 de abril de 2012.
- ↑ "Juan García-Gallardo gana el campeonato absoluto de Castilla y León". ociocaballo.com. 26 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Juan García-Gallardo, un abogado de Burgos y campeón de debate e hípica". El Mundo. 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El abogado Juan García-Gallardo será el candidato de Vox a la Junta de Castilla y León". 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El candidato de Vox en Castilla y León borra los tuits homófobos, racistas y machistas de su cuenta". La Vanguardia. 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dicen que soy homófobo por hacer una broma futbolística cuando no me había salido el bigote"". El Mundo.
- ↑ "Juan García-Gallardo (Vox) en la SER: "El PP es adicto al poder, quieren gobernar solos para seguir como caciques"". Ser. 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "Juan García-Gallardo: "O se aplican las políticas de Vox o el PP no gobernará en Castilla y León"". El Independiente. 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "García-Gallardo apuesta por familias "fuertes y unidas"". El Día de Valladolid. 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "Spain’s far-right Vox seeks place in regional government after elections". Financial Times. 13 de febreiro de 2012.
- ↑ "Las leyes de Violencia de Género y Memoria Histórica en Castilla y León: ¿qué dicen y qué quiere cambiar Vox?". El Español. 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Pacto PP-VOX en Castela e León: Feixoo abre por primeira vez as portas dun goberno á extrema dereita". Nós Diario. 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Primer pacto de gobierno PP-Vox". El Norte de Castilla. 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Far-right gains first share of power in Spain since Franco". Reuters. 10 de marzo de 2022.
- ↑ "O PP e Vox chegan a un acordo para un goberno de coalición en Castela e León". G24. 10 de marzo de 2022.