Juan Bravo Murillo

político español

Juan Bravo Murillo, nado en Fregenal de la Sierra o 24 de xuño de 1803 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1873, foi un político, xurista e economista español.

Juan Bravo Murillo
Juan Bravo Murillo.jpg
Nacemento24 de xuño de 1803
Lugar de nacementoFregenal de la Sierra
Falecemento11 de febreiro de 1873
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Sevilla
Ocupaciónpolítico, avogado, economista e escritor
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]
Busto de Bravo Murillo en Las Palmas de Gran Canaria.

TraxectoriaEditar

Estudou leis nas Universidades de Salamanca e Sevilla onde se licenciou en 1825. Tras a morte de Fernando VII foi nomeado fiscal da Audiencia Provincial de Cádiz. Foi elixido para Deputado en 1837 e 1840 militando nas filas do Partido Moderado. Até ese momento a súa actividade política foi escasa debido a que as súas ideas reacionarias chocaran co espírito liberal do xeneral Espartero, Rexente durante a minoría de idade da Isabel II.

En 1847, durante a Década Moderada é nomeado Ministro de Xustiza por Carlos Martínez de Irujo, uníndose a Narváez que o nomeará máis tarde para a carteira de Facenda por primeira vez. Dende estes momentos asumirá diversos ministerios até que en 1850 é nomeado Presidente do Consello de Ministros, posto que volverá a ocupar de 1851 a 1852.

Os sucesos da revolución de 1848 levárono a redactar un proxecto de constitución de corte absolutista para eliminar o carácter liberal que, segundo o seu xuízo, tiña a constitución de 1845; pero é rexeitada e á chegada do Bienio Progresista vese obrigado a abandonar a política, aínda que ocasionalmente será Presidente do Congreso dos Deputados.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Ramón María Narváez
Juan Bravo Murillo
Precede a:
Federico Roncali
Presidente do Goberno de España

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar