Juan Bernardo Quiroga Uría

político galego

Juan Bernardo Quiroga Uría, nado no Hospital (Quiroga) foi un vocal da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia e deputado das Cortes de Cádiz, sendo un dos que votou a Constitución de 1812.

Infotaula de personaJuan Bernardo Quiroga Uría
Biografía
Nacementoséculo XVIII Editar o valor em Wikidata
O Hospital Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIX Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Ramón Quiroga y Uría Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa familia residía na chamada Casa Grande de Trives, na Pobra de Trives. Era avogado e vocal da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia. Con Pedro Cortiñas e Bernardo Martínez foi elixido deputado polos doce electores do distrito de Ourense o día 15 de maio de 1810, data na que adquiriron os seus poderes. O 17 de setembro de 1810 a Comisión de Poderes das Cortes de Cádiz aprobou os mesmos.

Membro de varías comisiones, entre elas a de Empregos e a de Memoriais, interveu en diversos debates. Resultou elixido Vicepresidente das Cortes o 24 de novembro de 1812. No Diario de Sesións do 1 de novembro de 1810, noméano membro da Comisión encargada de examinar as listas de empregados e o 22 de xullo de 1811 elíxeno para formar parte da Comisión de Supresión de Empregos, en substitución do deputado galego Durán de Castro.

Tomou a palabra na sesión de 30 de xaneiro de 1811 en relación coa proposición para que se declare o dereito que os reinos e provincias de América tiñan para nomear deputados polas mesmas regras polas que se nomearon os das provincias europeas, isto é, un por cada 50.000 habitantes. Maniféstase a favor de permitir a designación dos representantes das mesmas e afirma que de non admitirse deberían os deputados retirarse ata que viñeran os representantes de América.

 
Proclamación de la Constitución de Cádiz, por Salvador Viniegra. A constitución de Cádiz —o 19 de marzo de 1812— supón a orixe da creación do Estado liberal español.

Intervén na sesión do 25 de setembro de 1811 na que se debate sobre a elección secreta ou pública dos electores que deben concorrer á capital da provincia para elixir aos deputados de Cortes, pronunciándose a favor do carácter segredo da mesma e afirma textualmente: Pois pode suceder que todos ou a maior parte dos electores sexan colonos de algún señor, e se é pública a votación, veríanse como precisados a elixilo.

O 4 de outubro de 1811 consta o seu voto particular contra o acordo das Cortes relativo a que non se estendese a un ano despois da deputación a prohibición de admitir empregos os Deputados, e solicitalos para si nin para outros. O 24 de xaneiro de 1812 foi designado para a Comisión de Exame de Memoriais, cesando o 23 de maio de 1812. O 10 de outubro de 1812 foi elixido membro da Comisión encargada de facer cumprir os mandatos do presidente das Cortes e os da Constitución. Firmou a Constitución liberal de Cádiz aprobada o 19 de marzo de 1812.

Casou con María Manuela de Prado, e foi pai de Ramona Quiroga de Pardo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar