Juan Antonio Suances
Juan Antonio Suances Fernández, nado en Ferrol o 20 de maio de 1891 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1977, foi un militar e político galego.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarCon doce anos ingresou na Escola Naval de Ferrol. Tres anos despois ascendeu a gardamariña e foi destinado á fragata gardacostas Numancia, e foi posteriormente asignado ó acoirazado Pelayo. Foi ascendido en 1921 a tenente coronel de enxeñeiros. En 1936 participou na Guerra Civil española no bando nacional.
En outubro de 1941 creou o Instituto Nacional de Industria (INI), do que foi o seu presidente ata 1963. Dirixiu boa parte da política industrial de posguerra ao ser ministro de Industria e Comercio entre 1945 e 1951.
Desde o INI encargou a Wifredo Ricart a creación de Enasa, berce da marca de camións e automóbiles Pegaso. Do INI tamén xurdiron Seat, Endesa, Ensidesa ou a Empresa Nacional Calvo Sotelo (Repsol) entre outras.
Predecesor: Demetrio Carceller |
Ministro de Industria e Comercio 1940 - 1951 |
Sucesor: Joaquín Planell Riera |